martes, 7 de maio de 2019

II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA


O pasado sábado a Praza Massó da nosa vila converteuse nun gran templo do saber científico e literario. Así o recolle o Faro de Vigo nas súas páxinas. Centos de persoas acudiron á II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA, organizada polo IES Johan Carballeira e na que participamos todos os centros educativos de Bueu.


O alumnado  traballou durante todo o curso diferentes libros e novelas que teñen unha estreita relación coa ciencia. Logo, na feira amosaron aos visitantes os experimentos aos que deron pé esas lecturas, demostrando que ciencia e literatura non son antagónicas, senón que se complementan á perfección. Así tamén o manifestou a Conselleira de Educación Dona Carmen Pomar, que asistiu a presentación deste evento xunto con outras autoridades e pousaron no photocall da Señorita Bubble, personaxe principal dun dos libros que se traballaron (o decorado foi feito polo alumnado do CEIP Montemogos).




Ademais das actividades que se desenvolveron dentro da carpa, realizáronse outras fóra dela. Houbo charlas, entrevistas, obradoiros e ata se instalou unha biblioteca.



A participación do noso cole na feira tivo lugar na Sala Amalia Domínguez. Sara Curra, Soraya, Dani e Miguel, alumnos de 6º, representaron co Kamishibai a biografía de Isabel Pastoriza Santos, unha ilustre científica bueuesa. Despois proxectouse un fragmento da entrevista que lle fixera María, a súa sobriña, e Sara no Bibliocastelo. 







Houbo dúas funcións, unha á mañá e outra á tarde. A da tarde foi moi especial, xa que contamos coa presenza da protagonista desta actividade, Isabel Martínez. Dende aquí queremos agradecerlle a súa asistencia e colaboración. Moitísimas grazas!



Na carpa instalada na Praza Massó o alumnado realizou diferentes e interesantes experimentos, nos que os visitantes podían participar . Ollade!





















Este ano a Feira tamén foi un éxito, tanto de participación , como de asistencia , de organización...
Noraboa ao IES Johan Carballeira por esta fantástica iniciativa! Agardamos con impaciencia a III FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA.





mércores, 1 de maio de 2019

DÍA DO LIBRO

Ao longo do mes de abril realizamos diferentes actividades na Hora de Ler e na Hora de Biblioteca, para conmemorar o Día do Libro.
Lemos a poesía de Marilar Aleixandre e reflexionamos sobre o seu contido. Logo a copiamos nun folio e decorámola. Tamén recitamos o poema "Todo está nos libros" de Ana Mª Fernández, que aparece publicado no seu libro "Pola rúa dos versos".
Ademais, lemos un libro moi especial co que nos agasallaron as mestras do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Navia (Vigo) cando viñeron a nosa biblio.
Este libro é moi especial, porque foi elaborado plenamente no obradoiro de creación artística de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral). A razón pola que o escollemos  é que narra unha fermosa historia de superación e reinvindica o DEREITO A SER DIFERENTE, fomentando o respecto a diversidade. Asemade, deunos pé para traballar outros Dereitos Humanos: Dereito a unha vivenda, Dereito á educación, Dereito a ter unha familia. 
Os nenos e nenas encantolles a historia de Elisa, a protagonista, unha rapaza co parálise cerebral. Captaron e comprenderon perfectamente a mensaxe que transmite. 
Un libro moi tenro! Recomendámosvolo!
Tamén levouse a cabo unha actividade que denominamos "Contacontos en familia". Convidamos ás familias para que viñesen á biblioteca a lerlles aos rapaces e rapazas. Esta actividade foi un éxito! Por iso tivemos que ampliala ao mes de maio. A resposta das familias, coma sempre, foi espectacular! Moitas grazas!





xoves, 25 de abril de 2019

VISITA DE ISABEL PASTORIZA SANTOS

Hoxe visitou o Bibliocastelo Isabel Pastoriza Santos, profesora e científica da Facultade de Química da Universidade de Vigo. Ademais é unha recoñecida investigadora a nivel mundial polos seus estudos sobre as nanopartículas. No ano 2011 foi unha das cinco mulleres científicas premiadas por L´Oreal UNESCO "Polas mulleres na ciencia", que consiste nun recoñecemento ao papel das mulleres na ciencia.
Foi entrevistada por María de 3º e Sara Curra de 6º, as súas sobriñas. Os afortunados en asistir a esta entrevista foron os rapaces e rapazas de 6º.




Despois desta interesante entrevista na que poideron coñecer aspectos da súa infancia, mocidade e vida profesional, Isabel explicoulles, cunha presentación, en que consiste o seu traballo e o proxecto sobre as nanopartículas que está desenvolvendo.



Logo o alumnado tivo a oportunidade de tocar e observar de preto algúns tubos con nanopartículas e os efectos das mesmas.





Cos datos obtidos nesta entrevista os alumnos e alumnas elaborarán a biografía de Isabel, que logo representarán co Kamishibai na II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA que organiza o IES Johan Carballeira. Por este motivo asistiu a charla a vicedirectora do instituto, Noelia, que  convidou a Isabel e a toda a comunidade educativa a asistir á mesma.


Moitísimas grazas Isabel, por traer a  ciencia ao noso Bibliocastelo!
Grazas tamén a Sara e María por presentarnos a vosa tía. Noraboa, fixéstelo xenial! Unha fantástica entrevista!
Se queredes saber máis desta ilustre muller, científica, bueuesa, asistede a proxección desta entrevista e a representación en Kamishibai da súa biografía. Será o sábado 4 de maio, na II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA, na sala Amalia Domínguez. Haberá dúas sesións, unha ás 12:30 e outra ás 16:00.      


Non vos esquezades. Agardámosvos!





xoves, 11 de abril de 2019

RECREOS DE CONTO


Hoxe os axudantes de Papirus : Laura, Paula, María Ese, Naiara, Jimena e Miguel, escenificaron o conto "Corre corre, cabaciña" de Eva Mejuto e André Letria, de OQO Editora. 





Foi no Bibliocastelo, na hora do recreo. A rapazada pasouno xenial. Ollade!







Moitas grazas. Fixéstelo xenial!