Hola amiguiñxs:
Para conmemorar o Día das Letras Galegas e co gallo da celebración do 50 ANIVERSARIO DO CEIP A PEDRA, o pasado xoves 19 de maio tivemos unha visita moi especial. Lucía Novas, exalumna do cole e poetisa bueuesa, veu visitar a rapazada de 4º, 5º e 6º. Primeiro contoulles as súas lembranzas de cando era nena e do seu paso polo cole. Quedou abraiada do cambiado que estaba. Por certo, encantoulle a miña casa, o Bibliocastelo! Logo faloulles da súa faceta como escritora, dos catro libros que ten publicados "Neve", "Epiderme de estío", "Cervatos" e "Violetas no asfalto", que recollen fermosos poemas, algúns dos cales lles leu ao alumnado. Foi un momento moi especial. Ollade!
A rapazada de sexto despois de charlar con ela, fíxolle unha entrevista na radio. Escoitade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario