xoves, 21 de xuño de 2012

UN AVÓ ESPECIAL

Esta mañá todo o alumnado e profes de primaria recibimos no Centro Social do Mar ao grupo Migallas que nos contou a historia de Rosiña e a do seu avó, Manuel.  


Unha relación moi especial que empeza no berce cando o avó coida dela. A medida que a nena vai medrando ensínalle moitos ditos populares, cancións, xogos e tamén lle axuda cos deberes.






Entre eles hai risas e enfados ata que un día o avó comeza a esquecer as cousas e o carácter empézalle a cambiar. Todo isto contado en clave de humor tratando de fomentar actitudes positivas á hora de afrontar a enfermidade do Alzheimer.


Gustounos moitísimo esta historia por iso queríamos felicitar dende aquí a María Campos e a Carlos Yus pola marabillosa posta en escena. Sodes fantásticos, uns profesionais incribles! 

4 comentarios:

  1. Que marabilla poder ver e escoitar a María e a Carlos en acción!!! Grazas por estes videos!!!

    ResponderEliminar
  2. Encantoume a obra de teatro! Moitísimas grazas.

    ResponderEliminar
  3. a mon emcantoume foy xenial :)

    ResponderEliminar
  4. a min encantoume foy xenial :-)

    ResponderEliminar