venres, 27 de marzo de 2020

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Benqueridos amiguiños e amiguiñas:
Espero e desexo que esteades moi ben.
Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro. A mensaxe deste ano para conmemorar esta data tan importante está firmada por  Shahid  Mahmood  Nadeem, xornalista paquistaní, dramaturgo, guionista, director de teatro e televisión, e activista de dereitos humanos. Se queredes ler esta mensaxe premede na seguinte imaxe.




Como temos que estar na casa e non podemos ir ao teatro, ocorréuseme achegárvolo aos vosos fogares. Para que gocedes en familia co marabilloso mundo da escenificación déixovos unha actuación superdivertida do grupo Tricicle. Son boísimos! Para morrer coa risa! A función titúlase Na sala de espera do dentista. Xa me contaredes que vos pareceu. E agora dádelle ao vídeo e que suba o pano!!



Que vos pareceron? A min encántanme!!

Vouvos deixar un vídeo por se alguén lle apetece facer un teatriño de papel para escenificar ou facer algunha representación. Ollade!



Que pasedes unha boa fin de semana.

Moitos biquiños e unha forte aperta!



2 comentarios:

  1. Reimos un montón co actuación do grupo Triciclo .Nos encantounos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome moito! A risa é unha boa terapia e axudaranos a levar mellor esta situación.
      Biquiños

      Eliminar