martes, 13 de marzo de 2012

LE E DEBUXA

 Este ano conmemoramos o 175 aniversario do nacemento da nosa poetisa máis ilustre, Rosalía de Castro.
Con tal motivo os nenos  e nenas do CEIP A Pedra puideron achegarse e coñecer a súa vida e  obras máis importantes .

Unha das actividades propostas, LE E DEBUXA,  consistiu en ilustrar algúns versos extraídos dos libros Cantares Gallegos e Follas Novas. 





Os versos estaban expostos nun panel no corredor, con espazo suficiente  e pinturas para debuxar de maneira voluntaria o que cada quen quixera. Este foi o resultado . Son uns artistas 



Ningún comentario:

Publicar un comentario