Onte tivemos a gran sorte de ter a Ana Alonso no cole por segunda vez. Falounos da lectura e animounos a ler e a escribir: " La experiencia de compartir libros es muy bonita. Hay lugares imaginarios que sólo están en los libros y sólo se puede viajar a través de ellos".
Contounos como foron os seus comezos cando aínda era unha nena, con 11 ou 12 anos, e que escribía porque a facía sentirse ben, era unha necesidade, unha maneira de expresarse e contar as súas preocupacións .
"La gente que ha leído mucho es gente que ha vivido mucho porque leyendo acumulamos experiencias"
Tamén nos descubriu como chegou a publicar os seus primeiros libros de poemas e pouco despois grazas a colaboración de Javier Pelegrín as historias que agora lemos .
Da colección "LA LLAVE DEL TIEMPO" dixo, entre outras moitas cousas, que era unha distopía, presentaba unha situación futura castastrófica moito peor que a situación actual e que estaba sendo traducida ao francés, xa está en inglés e italiano.
Do libro de poemas "PIRATAS EN VERSO, VERSOS PIRATAS" comentou que nel combinaba a súa faceta de poeta coa de contar historias e que lle encanta o mundo literario dos piratas porque...
" ...encarnan la libertad, la sed de aventuras y resultan muy atractivos"
Resultou unha xornada moi interesante na que os nen@s fixeron moitas e moi boas preguntas sobre os libros que leran.
Dende aquí moitas grazas e esperamos repetir un ano destes.
Dende aquí moitas grazas e esperamos repetir un ano destes.
Se queres saber máis, preme AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario