Hoxe, 21 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e que mellor maneira de celebralo que lendo poemas. A Papirus encántalle a poesía, agora mesmo anda a ler un precioso libro de Fran Alonso: O MEU GATO É UN POETA
MANUAL PARA SER POETA
-INSTRUCIÓNS-
1) Un bo poeta leva sempre
libros na maleta.
2) Cando remates un poema,
escribe outro co mesmo tema.
3) Nunca escribas de noite, porque non
hai ninguén que te escoite.
4) Mentras escribes, non mexes.
É preferible que coa poesía pelexes.
5) Non recites na bicicleta:
iso cansa moito ao poeta.
6) Ao final o que máis importa é
Se o que escribes a xente soporta
E a ti, cal é o poema que máis che gusta?
A Papirus gustaríalle moito sabelo e encher o corredor da biblio coas vosas poesías preferidas para que todo o mundo poida gozar delas. Por iso, este luns recibimos unha CARTA cunha interesante proposta.
Recuncho da Poesía |
Tamén os nosos pequeniños do cole celebraron este día entre poemas e ata escolleron o seu favorito.
AS BOLBORETAS
Mirade as bolboretas
pintadas de colores
¡que contentas!
Xogan, baila, rin
pasando de flor en flor
¡parece qye están de festa!
Tan só unha está agochada
baixo a flor dunha camelia
porque o sol lle molesta.
A primavera chegou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario