Este ano o Día da Paz tamén foi un día ARTÍSTICO para nós. Empezamos construíndo a paz coas nosas caras, ao estilo Andy Warhol, nun mural na entrada do cole.
Bordeando o mural uns lemas con Paz e ARTE:
BicARTE, ValorARTE, FelicitARTE, AgarimARTE, NamorARTE, LembrARTE, EmocionARTE, ConsolARTE, AnimARTE, AcompañARTE, ConvidARTE, ConsolARTE.
Cada clase escribiu un pequeno texto co lema escollido, expresando os seus mellores desexos e sentimentos de cara aos demais, que despois leron en voz alta no acto de celebración :
1ºA |
"Nós queremos bicARTE porque nos axudas, porque estás ao noso lado, porque nos gustas, porque nos ensinas, porque nos coidas, porque nos das de comer, porque nos levas de compras, porque nos queres, porque xogas con nós, porque eres a nosa amiga, porque queremos que sexas feliz. porque te queremos e queremos que vivas nun mundo mellor."
1ºB |
"Nós queremos valorARTE porque me animas, te portas moi ben comigo, me das bicos, me das apertas, xogas comigo, me coidas, me visitas, me adoras, es bo, me ensinas cousas que non sei, me preparas a merenda, a comida e o baño, me mimas, me axudas a facer manualidades, me das agarimo, me queres todos os días, cada noite me les un conto, es o mellor, tes un sorriso moi bonito, me peiteas, me fas caso, sempre que estou contigo síntome ben.
2ºA |
"Quero felicitARTE porque te esforzas en facer ben as cousas, axudas aos demais, sempre estás aí e podo contar contigo, coidas o planeta, sempre me animas cando as cousas me saen mal, me fas rir cando estou triste, Quero felicitarte por todo o amor que das a todos os que están ao teu carón."
2ºB |
" Queremos agarimARTE por ser unha persoa bondadosa e desinteresada, para que te sintas mellor. por ser bo."
3ºA |
3ºB |
4ºA e 4ºB |
"Queremos emocionARTE cando nos das un sorriso, cando nos les algo bonito, acndo nos das aloumiños con moitos biquiños. Queremos emocionARTE porque da nosa vida formas parte. coas nosas delicias de pinturas de arte"
"Queremos consolARTE cando estés disgustado e triste, cando non teñas plalbras e ideas para expresar o que estás sentindo. Queremos consolARTE sempre."
5ºA e 5ºB |
"Queremos animARTE a quererte como es, a mellora cada día, a seguir adiante e non rendirte, a convivir en harmonía e en paz. En definitiva, a ser feliz"
"Queremos acompañARTE no día a día, para que rapaces enfermos coma ti (Eric) ou que sofren polos seus non vos sintades sós, porque estamos aquí para darvoa ánimos e axudarvoa a superar os obstáculos"
6ºA e 6ºB |
"Nós queremos ilusionARTE cada día cun sorriso por un mundo mellor, cheo de paz, confianza... Queremos ilusionARTE e darche esperanza coas nosas palabras para que se poidan cumprir os teus soños"
Despois os rapaces e rapazas de 6º tocaron unha peza musical coa frauta.
Como todos os anos, para rematar o acto soltamos unhas pombas e xa que non paraba de chover, fixémolo dende a porta do ximnasio.
Por mor da chuvia, os nenos e nenas de infantil, non viñeron celebrar este día con nós. Preme AQUÍ e poderás ver como o pasaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario