Xa sabedes que non hai cole e que temos que estar uns días na casa. Para que non vos aburrades e levemos esta anómala situación o mellor posible, ocorréuseme que podiamos facer cada día unha actividade, a modo de reto. Logo, cando volvamos ao cole podemos facer unha exposición con todos os traballiños que vaiades facendo. Que vos parece?
Vou intentar crear unha conta de correo para que vos poidades comunicar comigo, para comentarme cousas, suxerencias...Cando a teña, publícoa no blog.
Imos coa primeira actividade :
1º- Pensade en cal é o voso libro favorito ou un que vos guste moito.
2º- Nun folio, na parte de arriba poñede con letra chulísima o título.
3º- Logo debuxade algo dese libro, a portada, unha escea que vos gustara moito, un personaxe...
4º- Pola parte de atrás escribide algo sobre el: porque vos gustou, copiade algunha frase chula, a descrición dun personaxe...
5º- Por último, gardade o traballiño. Cando regresemos ao cole quero que mos traiades. Pois vou encher toda a cortiza do corredor da biblio con todos eles, para que todo o mundo saiba os grandes artistas que son os rapaces e rapazas do cole a Pedra.
Agardo impaciente os vosos traballos!
Eu xa fixen a actividade de hoxe. Ollade!
Que vos parece? Non debuxo moi ben, non é doado debuxar e pintar con oitos tentáculos, pero, o importante é facelo.
Bueno, poñédevos mans a obra. Para mañán vou preparar unha actividade de manualidades.
Bótovos moitísimo de menos! O Bibliocastelo non é o mesmo sen vós! Ata mañá!
Moitos biquiños,
Encántanos a proposta. Graciñas Papirus
ResponderEliminarMoitas grasas,poñemonos mans a obra
ResponderEliminarGrazas a vós por participar. Entre todos e todas temos que facer que está situación sexa o máis levadeira posíbel.
ResponderEliminarNos tamèn te botamos de menos Papirus. XANDRE
ResponderEliminarMoitas grazas, Xandre
EliminarMoitas grazas, Xandre
EliminarOla Papirus,
ResponderEliminarGracias pola idea, mañan mesmo comezo o traballo.
Ahh, esquecinme, eu chamome Noé.
EliminarUnha aperta.
Moitas grazas Noé. Outra aperta para ti.
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarPapirus foi a mellor mascota que puiden ter no mundo. Bosco..G
ResponderEliminarGRAZAS BOSCO. MOITOS BIQUIÑOS E APERTAS
EliminarPapirus yo casi lo he hecho solo me falta colorear
EliminarFeitos os traballiños e hoxe xa fixemos 3 marcapáxinas... ;)
ResponderEliminarBotando moito de menos a Papirus e a todo o cole.
Ah! ata nos animamos ás actividades físicas..!
Grazas profes.
Biquiños.
Raúl e Diego.
Grazas a vós! Estou desexando ver eses traballiños e eses marcapáxinas. Estou seguro que quedaron chulísimos.
ResponderEliminarBiquiños e unha forte aperta para Raúl e Diego.