xoves, 14 de febreiro de 2019

VISITA ESPECIAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial! O Bibliocastelo foi o lugar elexido polos Laretas (nenos e nenas de 4º de Educación Infantil) para realizar unha actividade coas persoas do centro de día Contigo. Esta actividade está enmarcada no Proxecto Interxeneracional que están levando a cabo ao longo deste curso. Unha vez ao mes xúntanse, unhas veces no centro de día e outras veces no cole de infantil, para realizar diferentes obradoiros e actividades. Nesta ocasión confeccionaron un colgante con masa endurecible.











Logo, como era o día de San Valentín, fixeron entre todos un mural no que estamparon corazóns.









Foi un gran traballo en equipo do que foi testemuña a nosa querida mascota, Papirus.

Noraboa ás organizadoras desta fermosísima actividade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario