Hoxe estou triste. Entereime que o xoves finou Staffan Mórling. Preguntarédesvos quen é este señor. Pois este señor é un:
"Etnólogo sueco que foi feito "prisioneiro" polo embruxo da Illa de Ons, onde casou"
Desta maneira tan fermosa o definía o noso benquerido e mestre xubilado do noso cole, Arturo Cidrás.
Sei que algúns de vós estivestes investigando un pouquiño a cerca desta gran persoa. Déixovos o traballo que fixo Raúl de 4ºA. Ollade!
Parabéns Raúl! Un gran traballo!
Agora vouvos amosar un interesantísimo vídeo no que sae Staffan Mörling falando da Illa de Ons e do feliz que foi a súa estadía nese fantástico e idílico lugar. Ollade con moita atención!
Agora xa sabedes porque é tan importante este persoeiro para a nosa vila. Foi nomeado Fillo Predilecto de Bueu e dedicóuselle unha rúa como recoñecemento ao seu labor. Levou con moita honra o nome de Bueu e o de Ons polo mundo adiante. Moitas grazas Staffan!
A comunidade do CEIP a Pedra quere expresar o seu máis sentido pésame a súa familia.
Como ben di Arturo Cidrás:
"A familia, Ons, Bueu e o mundo da cultura choran a un dos seus fillos, Staffan Mörling"
Descanse en paz!
Ningún comentario:
Publicar un comentario