Ola amiguiñxs:
O vindeiro sábado vaise celebrar na nosa vila o II Festival Artístico Solidario Art of Change, que como xa sabedes, organiza o IES Johan Carballeira. Xa me contaron que estades traballando un montón facendo diversas manualidades para logo vender e recadar cartos. Este ano o diñeiro recadado vaise doar a 13 GRADOS, unha cooperativa sen ánimo de lucro que se dedica á divulgación e conservación do medio mariño. Para saber mellor a que se van destinar os cartos recadados, hoxe dúas compoñentes de 13 GRADOS déronlles unha charla no Centro Social do Mar á rapazada de 4º, 5º e 6º. Estivo moi interesante! Amosáronlles un fermoso vídeo da flora e fauna mariña galega . Se queredes saber máis premede na seguinte imaxe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario