O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO).
Conmemórase dende 2016, o luns máis cercano ao 15 de outubro e busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Exposición no Bibliocastelo |
Este ano homenaxéase a MARTA SANZ e o tema escollido é "O pracer, a alegría e a risa das mulleres"
Traballo de aula |
Traballo de aula |
O alumnado de 5º organizou varias sesións de lectura en voz alta dos libros das súas escritoras galegas preferidas:
Os distintos grupos e niveis aproveitaron para facer formación de usuarios na biblioteca cos libros da nosa exposición:
Por último o alumnado decorou e ilustrou marcapáxinas personalizados para a ocasión:
MOI BO TRABALLO AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario