Os Reis Magos diríxense a todos os nenos e nenas galegos a través dunhas fermosas cartas que podedes ver e ler nesta presentacións:
xoves, 19 de decembro de 2013
mércores, 18 de decembro de 2013
UN NADAL CHEO DE ILUSIÓNS
Dende o Bibliocastelo desexámosvos un fermoso Nadal cheo de libros e ilusións. Esta é a nosa guía de lecturas con novidades e recomendacións para estas datas.
venres, 6 de decembro de 2013
ADEUS A NELSON MANDELA
![]() |
| BIBLIOTECA XOAN FARIAS( CEIP DE PAZOS) |
"A grandeza da vida non consiste en non caer nunca, se non en levantarnos cada vez que caemos"
Morre aos 95 anos o ex-presidente de Sudáfrica e Premio Nobel da Paz.
Mandela é un símbolo a nivel mundial que fixo da súa vida unha loita polas inxustizas e que cambiou a historia de Sudáfrica.
Estaba chamado a ser o xefe dunha tribu e acabou converténdose no avó de todo un pobo.
Nelson Mandela, preso político máis famoso da historia, preparou as armas para responder ao acoso do Apartheid, pero conseguiu o Nobel da Paz e o respecto de toda a Comunidade Internacional. Mandela representa a universalidade dos dereitos civís.
Nestes videos pódese ver de maneira moi resumida a súa traxectoria vital.
![]() |
| PREME NA IMAXE |
Dende aquí o noso pequeno homenaxe de despedida para este loitador " A morte é algo inevitable. Cando un home fixo todo o que creu necesario polo seu pobo ou país, pode descansar en paz. Creo que eu cumplín con ese deber, por iso descansarei en paz por toda a eternidade"
xoves, 21 de novembro de 2013
domingo, 17 de novembro de 2013
O NOSO POLBIÑO PAPIRUS
O noso polbiño Papirus está a ser, sen ningunha dúbida, o protagonista deste trimestre no noso cole.
Pequenos e grandes gozan coa súa canción que en breve vai saír publicada nun disco.
No disco comparte protagonismo coas melodías dos seus amigos do Ceip Carballal de Marín, o Choco "Catro Ollos", as tartarugas Tambo e Onza, a sereiña Cristal ...
No disco comparte protagonismo coas melodías dos seus amigos do Ceip Carballal de Marín, o Choco "Catro Ollos", as tartarugas Tambo e Onza, a sereiña Cristal ...
Pero non todo queda aquí... os máis pequeniños do cole, mergulláronse nun proxecto a partires da canción que resultou todo un éxito: buscaron información sobre os polbos e, coa colaboración dos pais e nais, aprenderon moitas cousas novas. Preme na imaxe para coñecer de primeira man todas estas actividades.
![]() |
| PREME NA IMAXE |
Primeiro investigaron onde viven os polbos, de que se alimentan, a que familia pertencen, como se reproducen...
Despois buscaron información sobra a mellor amiga de Papirus: A vieira "Cocorola". Así aprenderon moitas cousas interesantes sobre estes moluscos bivalvos: onde viven, as súas características principais, a que familia pertencen, como se alimentan, como se reproducen...
venres, 1 de novembro de 2013
MIGUELANXO PRADO PREMIO NACIONAL DE CÓMIC

Miguelanxo Prado, nado na Coruña, ven de ser distinguido co Premio Nacional de Cómic 2013, concedido polo Ministerio de Cultura.
Primeiro galego en conseguir este galardón, é, hoxe en día, un dos autores máis recoñecidos no mundo do cómic.
Autor de obras como "TRAZO DE TIZA" e a serie de historietas "QUOTIDIANÍA DELIRANTE". Esta última foi considerada mellor obra nacional no pasado salón do cómic de Barcelona.
O xurado destacou o carácter poético da súa obra ARDALÉN, unha mestura de sono e realidade, de memoria e de esquecemento. Estas son as claves, xunto coa mestría técnica no uso do color, deste autor galego, moi recoñecido no estranxeiro.
ARDALÉN é a historia das raíces de Sabela, que regresa ao pobo natal do seu avó para tratar de reconstruír o seu pasado, a súa vida. O seu avó emigrara nos anos trinta as Américas e desde entón, non se volveu saber nada del. Sabela ponse en contacto con Fidel, o único nexo co seu avó desaparecido.
Preme nas imaxes para obter máis información sobre este escritor e ilustrador galego de banda deseñada e cómics e a súa obra.
xoves, 31 de outubro de 2013
CABAZAS DE CÓMIC
Esta semana a entrada do noso cole encheuse de cores, creatividade e imaxinación. Xulgade vós mesmos:
Este ano, o tema para todo o centro foi "O CÓMIC", tomando como referencia o noso proxecto "ENTRE VIÑETAS" que empezamos a traballar este mes.
A ver cantos personaxes sodes quen de recoñecer...
Mortadelo e Filemón, Asterix e Obelix, Spiderman ...
Tatá Bolechas, Capitán América, Batman, Mike Wazowski...
Tintín, Betty Boop, Homer Simpson ...
Gerónimo Stilton, Supermán, Braulio Bolechas...
Doraemon, Epi e Blas, Chispa (can dos Bolechas) ...
Para imaxinación a de o noso alumnado e as súas familias que un ano máis nos deixaron marabillados coa súa capacidade de creación e innovación.
MOITAS GRAZAS pola vosa participación!!!
martes, 29 de outubro de 2013
LIBROS PARA MORRER DE MEDO
Neste tempo de outono, a biblioteca vestiuse de Samaín. Para que todos e todas poidamos escoller as nosas lecturas terroríficas preparamos un expositor cheo de libros relacionados co tema. Aínda non pasaches a recoller o teu? Pois non sei a que estás agardando!!!
luns, 28 de outubro de 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Un ano máis chegou o 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e ANIVERSARIO DE PAPIRUS. Nesta ocasión o noso polbiño preferido non puido estar con nós pero como sempre nos leva no seu corazón, deixounos unha preciosa CARTA.
Presentounos o video da súa historia "PAPIRUS O POLBIÑO LECTOR" que preparou empregando as novas tecnoloxías, coa axuda da súa amiga e compañeira "A vieira Cocorola".
Contounos que durante as vacacións de verán foi con Cocorola visitar uns amiguiños e amiguiñas, mascotas da biblioteca escolar do cole "O Carballal" en Marín. Antes de marchar, Victor, o mestre de música, agasallouno coa súa propia canción. E sen dubidalo todos xuntos lle cantamos " Papirus, ten tres corazóns..."
Contounos que durante as vacacións de verán foi con Cocorola visitar uns amiguiños e amiguiñas, mascotas da biblioteca escolar do cole "O Carballal" en Marín. Antes de marchar, Victor, o mestre de música, agasallouno coa súa propia canción. E sen dubidalo todos xuntos lle cantamos " Papirus, ten tres corazóns..."
Falounos do proxecto que está preparando para este curso "ENTRE VIÑETAS" que nos permitirá profundizar no mundo do cómic.
A continuación, sorprendeunos cun marabilloso cómic, escrito e ilustrado polo seu amigo, Miguel Angel Trassierra Lois "TRASSIWOLF" no que se conta unha aventura que lle aconteceu a Papirus durante as vacacións cos seus amigos, as tartarugas Tambo e Onza.
Para rematar, todos xuntos felicitamos a Papirus cantando "Parabens para ti", "Cumpleaños feliz" e "Happy birthday to you" diante do fermoso mural que nos pintou David nunha das paredes do Bibliocastelo.
A continuación, sorprendeunos cun marabilloso cómic, escrito e ilustrado polo seu amigo, Miguel Angel Trassierra Lois "TRASSIWOLF" no que se conta unha aventura que lle aconteceu a Papirus durante as vacacións cos seus amigos, as tartarugas Tambo e Onza.
E como en toda festa de aniversario non faltaron os agasallos:
martes, 22 de outubro de 2013
PAPIRUS O POLBIÑO LECTOR
Esta é a historia de Papirus, a nosa mascota, contada e ilustrada polo noso alumnado.
mércores, 9 de outubro de 2013
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
![]() |
| Preme na imaxe |
Este é o cartel que a Consellería de Educación editou este ano para conmemorar o DIA DA BIBLIOTECA (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (International Association of School Librarianship)
O lema elixido para este ano "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR" trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.
A ilustración é de Patricia Castelao.
A POESÍA GALEGA ESTÁ DE NORABOA!!!
![]() |
| Preme na imaxe |
Este libro xa fora recoñecido co Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co Premio Ánxel Casal da AGE (Asociación Galega de Editores) e co premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012.
![]() |
| Preme na imaxe |
Conta tamén con outros galardóns como o Premio Esquío (1994), o González Garcés (gañado en dúas ocasións nos anos 1998 e 2000) e o Premio da Crítica Española (1999); tamén foi nomeado socio de honra da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Vaian dende aquí os nosos parabéns ao poeta, a factoría K e á poesía galega!
domingo, 29 de setembro de 2013
NOVO CURSO NOVAS AVENTURAS
A partires do martes 1 de outubro, O Bibliocastelo A Pedra abre as súas portas a unha nova aventura.
Para esta nova andaina que vai comezar, temos preparadas moitas sorpresas e novidades que iredes coñecendo pouco a pouco.
Para quentar motores empezan a rodar xa, as primeiras MOCHILAS VIAXEIRAS cara os fogares dos nosos rapaces e rapazas.
"Se lle das so doces a un neno o seu placer será momentáneo pero se lle das un libro a súa ledicia será permanente. Ler para gozar, ler para coñecer, ler para comprender, ler para medrar como ser humano”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











