Para conmemorar o Día do Teatro que foi o 27 de marzo, o equipo de mamás que colabora coa biblioteca, axudounos a compoñer as pezas dun escenario espacial : un fondo estrelado, tres astronautas de diferentes tamaños e unha enorme nave intergaláctica. Aproveitamos esta montaxe para organizar un photocall por cursos.
Durante uns minutos convertémonos en astronautas e viaxamos polo UNIVERSO. Ollade as imaxes.
Se queredes ver as fotos dos nenos e nenas de 2º premede na imaxe.
Esta semana vivimos unha incrible experiencia virtual. Contemplamos a cúpula celeste en tres dimensións grazas á xenerosidade da Fundación "la Caixa", que nos prestou un planetario móbil.
Distribuimos as sesións ao longo da semana, para que todos poidésemos gozar desta actividade, dende infantil ata 6º de primaria.
Mesmos invitamos a outros centros do Concello. Hoxe, viñeron os alumnos e alumnas de 1º ESO do IES Illa de Ons. Foi un pracer compartir con eles esta experiencia.
Tamén convidamos ás familias e hoxe pola mañá viñeron varias mamás. Para que poidesen vir os papás e mamás que traballan fixemos un último pase ás oito da tarde.
Moitas grazas á Fundación "la Caixa" e a todos e todas que compartistes con nós esta fascinante aventura. TODOS QUEDAMOS CON GANAS DE REPETIR !!
Hoxe o alumnado de infantil , primeiro e segundo de primaria asistiron a unha representación musical da obra de Manuel María, O bigote de Mimí. Este libro xa o estiveron traballando na clase. Ademais, o venres os nenos e nenas de primeiro e segundo foron a contarllo aos nenos e nenas de infantil, fixeron os apadriñamentos lectores coa obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Así hoxe a obra de teatro non os pillou por sorpresa, xa sabían de que trataba. Xa coñecían as historias do gato Mimí.
A representación correu a cargo de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, que estaba formada por un guitarrista e un batería.
Pasárono xenial!! Cantaron, bailaron. Foi moi dinámico, activo e divertido. Se queredes máis información, premede na imaxe.
Hoxe enterámonos dunha noticia fantástica. A película dos nosos trasniños de infantil "A máscara do león" foi nominada aos premios "Olloboi 2016" na categoría de animación. O vindeiro 28 de maio, terá lugar en Boiro a gala na que se darán a coñecer os gañadores e gañadoras. Se queredes máis información, premede na imaxe.
PARABÉNS TRASNIÑOS!! Estamos moi orgullosos do voso traballo. Para nós xa sodes os gañadores.
Ao longo deste mes, estivemos realizando diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Entre todos e todas realizamos un mural colaborativo que decoramos con poemas do homenaxeado, Manuel María. Participou todo o alumnado, dende infantil ata 6º de primaria.
Quedou chulísimo, non si ?
Ademais puxéronse como libros de lectura, para traballar nas aulas, libros de dito autor :
"Os bigotes de Mimí" en 1º e 2º e "Os soños na gaiola" en 3º, 4º, 5º e 6º. No Bibliocastelo temos un zona dedicada a este autor onde están expostos os seus libros máis importantes.
Tamén deu comezo esta semana o concurso que realizamos todos os anos sobre o autor homenaxeado, este ano : Que sabes de Manuel María?
Xa vos iremos contando quenes son os gañadores e gañadoras.
E hoxe... por fin chegou o gran día! No Bibliocastelo e na compaña de Papirus, que quixo estar con nós nesta data tan sinalada, os nenos de 4º recitáronnos poemas e contáronnos co Kamishibai a biografía de Manuel María, que eles mesmos realizaron coa axuda dos seus compañeiros e compañeiras de 3º. Pola súa banda, o alumnado de 3º fixo o mesmo en infantil.
Se queres ver a representación completa preme no vídeo.
FIXÉRONO XENIAL !!!
Ao rematar, nenos e nenas doutros cursos tamén leron fermosos e entrañables poemas de Manuel María : A fala, Galicia, O melro, A andoriña, ...
Despois cantamos entre todos o poema do Cuco, con música e voz de Suso Vaamonde.
Ao rematar na sala de usos múltiples visionamos un vídeo no que persoas coñecidas de diferentes ámbitos ( xornalistas, pintores, futbolistas... ), e incluso mamás dalgúns alumnos, nos contaban porque falan galego, o orgullosos e orgullosas que están de facelo e nos convidan e animan a que defendamos a nosa lingua e que nunca deixemos de falala.
Ollade o vídeo !
Un broche de ouro para un gran día!
Se queres saber máis sobre como celebramos este día tan especial no noso cole, preme na seguinte imaxe.
Por fin, despois de moitos días de traballo, os Trasniños da Pedra (os alumnos e alumnas de 5º de Ed. Infantil), xa remataron a súa peli, titulada "A máscara do león". Con ela van participar no certame de curtametraxes "Nós tamén creamos". Desexámosvos moita sorte, aínda que para nós xa sodes os gañadores.
Baixo a dirección de dúas grandes directoras, as profes María e Cris, convertéronse en actores, actrices, produtores, produtoras... Pero... queredes saber como o fixeron? Ollade este vídeo e comprobádeo vós mesmos.
O resultado deste gran traballo, foi ESPECTACULAR! Unha película fermosísima!
Se queredes saber máis cousas, premede na seguinte imaxe.
Hoxe, cando na hora de ler, fomos ao Bibliocastelo atopámonos cunha incrible sorpresa. Non o ides crer! HABÍA UNHA BRUXA!!!
Pero non era unha bruxa calquera, era unha bruxa moi especial, nada máis nin nada menos que Sofía, a MAMÁ de Mariña de 1ºA, que veu contarnos uns contos chulísimos !
Primeiro leunos "Room on the Broom" da escritora Julia Donaldson, que é a mesma que escribiu "The Gruffalo". É un libro rimado que está escrito en inglés e que Sofía tivo a amabilidade de adaptar ao galego para nós. Gustounos un montón! Hai unha película de animación deste libro, se queres vela, preme na imaxe.
Despois lemos entre todos e todas un conto sin palabras, titulado "Antes y después". Nesta ocasión, Sofía contou coa axuda da súa filla e de todos os nenos e nenas. Cada un leu, mellor dito inventou, unha páxina do mesmo. Pasámolo xenial!
Estes libros que nos contou Sofía, son dous dos favoritos dos seus fillos, Xaquín e Mariña. Ao final, gustounos tanto que algúns nenos e nenas ata lle pediron autógrafos!
Sofía, Mariña, MOITAS GRAZAS por compartir con nós os vosos libros preferidos e facernos pasar un rato tan divertido!