domingo, 23 de abril de 2023

CAMPIONATO DE XADREZ

 Ola amiguiñxs:

Como xa sabedes este martes comezou no Bibliocastelo o campionato de xadrez. Para que estivesen máis concentradxs celebrouse no recanto de ciencias.

Os gañadores desta semana foron:

Isaac Graña,  Unai Rodríguez, Martín Vilas, Adrián Regueira, Antón Castro, Luca de Montis e Abel Pidre de 3º,  e Aitor Silva de 4º.

                                          




Noraboa a todos! Lembrade que a vindeira semana continúa o campionato.

Biquiños


venres, 21 de abril de 2023

FESTIVAL ARTÍSTICO SOLIDARIO ART OF CHANGE

 Ola amiguiñxs:

O vindeiro sábado vaise celebrar na nosa vila o II Festival Artístico Solidario Art of Change, que como xa sabedes, organiza o IES Johan Carballeira. Xa me contaron que estades traballando un montón facendo diversas manualidades para logo vender e recadar cartos. Este ano o diñeiro recadado vaise doar a 13 GRADOS, unha cooperativa sen ánimo de lucro que se dedica á divulgación e conservación do medio mariño. Para saber mellor a que se van destinar os cartos recadados,  hoxe dúas compoñentes de 13 GRADOS déronlles unha charla no Centro Social do Mar á rapazada de 4º, 5º e 6º. Estivo moi interesante! Amosáronlles un fermoso vídeo da flora e fauna mariña galega . Se queredes saber máis premede na seguinte imaxe!


Tanto ao comezo como ao remate da charla, déronlles as grazas á rapazada pola súa colaboración.
Estou moi orgulloso de que colaboredes e de que traballedes en prol dun mundo mellor.

Biquiños




OBRADOIRO DE NÓS MARIÑEIROS

 Ola amiguiñxs:

Hoxe no Bibliocastelo realizouse un obradoiro de nós mariñeiros. Avós, tíos, pais e nais da rapazada de 3º viñeron ao cole a ensinarlles a facer nós mariñeiros. Con eles van facer chaveiros que logo van vender no II Festival Artístico  Solidario Art of Change. Foi unha experiencia moi enriquecedora! Aprenderon un montón e fixeron moitos nós, algúns deles moi difíciles. Ollade!







Moitísimas grazas as familias pola súa colaboración, por compartir con nós os seus coñecementos e por facernos pasar unha xornada estupenda.

Biquiños








luns, 17 de abril de 2023

CAMPIONATO DE XADREZ

Ola amiguiñxs:

Teño unha nova moi importante que contarvos. Mañá comeza un campionato de xadrez, que se vai desenvolver na hora do recreo no Bibliocastelo. Esta organizado por Jan e Lucas Hofkamp, Alba Campos, Xavi Leal e Andrés Domínguez. Cada día van xogar catro xogadorxs en dúas partidas simultáneas. Hoxe, no recreo, tivo lugar o sorteo das partidas, quedando do seguinte xeito:

* Martes 18 de abril:

Isaac Graña contra Bosco García

Roi Lobelle contra Unai Rodríguez

* Mércores 19 de abril:

Martín Vilas contra Diego Gil

Ana Guisande contra Antón Castro

* Xoves 20 de abril:

Adrián Regueira contra Irene Arias

Martina Soliño contra Luca de Montis

* Venres 21 de abril:

Hugo Iglesias contra Abel Pidre

Oliver Miranda contra Aitor Silva

* Luns 24 de abril:

Noé Nores contra Martín Ríos

kidist Fazanes contra Iván Rodríguez

* Martes 25 de abril:

Javi Cereijo contra Gael González

Iker Martín contra Manuel Vilas

* Mércores 26 de abril:

Pablo Verde contra Gabriel Juncal

Roque Docampo contra Anxo Lemos

* Xoves 27 de abril:

Daniel Sierra contra Andrés Domínguez

Asier Belaustegui contra Andrés Belaustegui

* Venres 28 de abril:

Teo Freire contra Mateo Barcia

Juán Sánchez contra Irene Dopazo

    

   

Noraboa a rapazada de 5º que tivo esta fantástica idea e moitas grazas pola organización do campionato. Estou moi orgulloso de vós!

Moita sorte a todxs! 

Biquiños

 

mércores, 12 de abril de 2023

XOGANDO CO LOBO LUPAS

Ola amiguiñxs:

O alumnado de 1º estivo traballando no segundo trimestre un proxecto sobre o lobo e como non podía ser doutra maneira, o protagonista do libro que estiveron lendo, O LOBO LUPAS, foi o encargado de guialos polas distintas probas e retos. Foi un traballo de investigación en equipo chulísimo onde aprenderon un montón de cousas e conseguiron moita información, ademais de pasalo moi ben.

martes, 11 de abril de 2023

RESOLTO O MISTERIO

 Ola amiguiñxs:

Que tal as vacacións? Como foi a volta ao cole? Eu estou contento porque a rapazada de 3º traballou arreo e conseguiu resolver o misterio. Fixeron múltiples pescudas e conseguiron moita información a través de internet, das familias, etc.

Despois dun incríbel labor de investigación, chegaron a conclusión de que eses obxectos pequenos e redondos son BIOSOPORTES, que polo visto se empregan para a depuración da auga. Son como unha especie de filtros que se utilizan en acuarios, depuradoras...

Despois de debater varias cuestións consideraron que sería importante poñerse en contacto coas empresas e organismos que os empregan para comentarlles o que está pasando con eses biosoportes para que tomen medidas, xa que están contaminando o noso mar e as nosas praias.

Estoi moi orgulloso do voso traballo. Chegáronme varias cartas contándome o resultado das vosas pescudas. Ollade!

Diego Gil de 3ºB
Sara Barros de 3ªB

Noa Fazanes de 3ªA

Irene Dopazo de 3ºB


Adrián Regueira de 3ºA

Moitxs tamén recolleron moitos plásticos que emporcan as nosas praias.


Noraboa a todxs por este fantástico traballo! Agora temos que tomar medidas para conseguir que estes biosoportes non vaian parar ao mar nin as praias.

Biquiños

xoves, 30 de marzo de 2023

UN MISTERIO

 Ola amiguiñxs: 

En primeiro lugar quero desexarvos unhas felices vacacións. Tamén quero comentarvos unha cousiña que me ten moi preocupado. Na praia de Mourisca están aparecendo uns estraños obxectos de plástico. Ollade!


Pedinlles axuda a rapazada de 3º de Primaria. Mandeilles unha carta pedíndolles a súa colaboración. Se queredes saber máis, premede na seguinte carta. 


Mantereivos informadxs dos resultados das pescudas.
Gozade destes días de lecer!

Un biquiño,

venres, 24 de marzo de 2023

21M DÍA DA POESÍA

 Ola amiguiñxs:

Xa vos contei o moito que me gusta a poesía? Pois agora xa o sabedes así que vos propoño unha chea de lecturas en verso e para que sexa máis sinxelo atopalos, preparei unha pequena selección no expositor do Bibliocastelo.

Nestas ligazóns tendes unha escolma de actividades que se fixeron estes días sobre a poesía:

RECITAL DE POESÍA RADIOFÓNICO

ANIMALARIO DE LER A DIARIO 

NO XARDÍN DO POETA

venres, 10 de marzo de 2023

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Ola amiguiñxs:

Este ano para celebrar o día internacional da muller, convidaronnos a participar na actividade "XOGANDO SEN XÉNERO! proposta polo Concello de Bueu e que se levou a cabo no pavillón de deportes preto do noso colexio.

 

Previo a esta actividade falamos nas aulas sobre a importancia de conmemorar este día, e repasamos as mulleres que son importantes nas nosas vidas: nais, avoas, mestras... 

Xa no pavillón, aprendemos que os xoguetes son de todos/as e podemos xogar cos que queiramos. Descubrimos xogos tradicionais coma o mikado, os zancos e outros que xa coñeciamos: tres en raia... Tamén gozamos de xogos colaborativos como a corda e o paracaídas e incluso bailamos un pouco de baile galego.

Neste video pódese ver o ben que o pasamos:

O alumnado de infantil deseñou pulseiras especial cunha mensaxe especial para conmemorar este día e agasallaron con sorrisos a algunhas mulleres importantes:

Preme na imaxe