sábado, 13 de marzo de 2010

UN ÚLTIMO ADEUS A MIGUEL DELIBES

Preme na foto para saber máis

Onte , venres 12 de marzo, faleceu Miguel Delibes na súa casa de Valladolid aos 89 anos de idade. Con el vaise un dos grandes referentes da literatura en lingua española.
Imos coñecelo un pouquiño máis.

Miguel
Delibes Setién naceu en Valladolid o 17 de outubro de 1920. Ademáis de ser un gran novelista e membro da Real Academia da Lingua Española dende 1975 (ocupaba o sillón “e”) era doutor en Dereito , catedrático de Historia do Comercio e periodista.

En 1941 comenzou a traballar no Diario El Norte de Castilla, xornal que dirixiu durante anos. Pouco a pouco pasou a dedicarse en exclusiva á literatura, onde cultivou xéneros como narrativa, ensaio e libros de viaxes.

O seu traballo literario fixoo merecedor de multitude de premios, entre os que destacan : O Premio Nadal (1948), O Premio da Crítica (1953), O Premio Príncipe de Asturias (1982), O Premio Nacional das Letras Españolas (1991) e O Premio Cervantes (1994)...

Agora imos facer un pequeno repaso pola súa bibliografía citando algunhas das súas obras máis coñecidas:

La sombra del ciprés es alargada foi a sua primeira novela, obra coa que obtivo o Premio Nadal en 1948. Posteriormente publicou Aún es de día (1949), El camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisí (1953), La hoja roja (1959), Cinco horas con Mario (1966), Parábola del náufrago (1969), Las guerras de nuestros antepasados (1975), Los santos inocentes (1981), Señora de rojo sobre fondo gris (1991), etc.

Sen posibilidade de escribir dende finais dos anos 90, Miguel Delibes daba a súa vida “por vivida” xa dende hai varios anos, “no porque crea que ya lo he hecho todo en la vida, sino por el convencimiento de que ya no puedo hacer más”, explicaba.
Hoxe todos os xornais se fan eco da mala nova. Preme aquí para ler a noticia no Xornal de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario