Hoxe, 23 de abril, DÍA DO LIBRO queremos dar a coñecer este manifesto que nos chega do IES Pedra da Aguia, a través de Emilio Roca. A idea é darlle difusión nos blogs e espallalo nesta data tan especial para todos nos.
Gustaríame encabezar esta entrada coas palabras que Emilio escribiu no seu blog onde conta quen impulsa esta iniciativa e cal é o propósito deste manifesto
" Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai reflexionar aos que a subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler.
Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación...
Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura."
Onde podo ler os doce puntos do manifesto?
ResponderEliminarGrazas.
Os puntos do manifesto están detallados no documento en ISSUU que se atopa ao final desta entrada. Veñen numerados e so tes que clicar enriba para que se amplie a pantalla e o poidas ler.
Eliminar