A editorial Kalandraka vén de editar o libro "ELAS" de Cecilia Afonso Esteves.
Isto é o que se conta delas.
Elas viven no fondo.
No fondo do bosque,
da montaña,
do deserto,
do río.
Isto é o que se conta delas.
Elas viven no fondo.
No fondo do bosque,
da montaña,
do deserto,
do río.
Este libro é un “canto ao feminino”, tal e como o definiu o xurado do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que o distinguiu cunha mención especial. Trátase dun texto poético e cheo de musicalidade, que se complementa cunha linguaxe plástica limpa, clara e suxerente, de ilustracións sereas e delicadas, con cores suaves; imaxes de gran valor simbólico.
Auga, Terra, Lume e Aire representan a esencia do noso mundo, danlle sentido e fan que todo funcione como unha cadea sen interrupción, por iso o seu obxectivo é xerar vida... “Elas” é unha proposta delicada, en forma de poema, que nos remite aos esenciais Catro Elementos e á presencia constante e telúrica delas, as mulleres.
Preme na imaxe para entrar na páxina da editorial.
Estudou gravado na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón. Pertence ao colectivo arxentino Foro de Ilustradores. Tamén participou en
varias exposicións e en 2008 foi seleccionada para a mostra da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Actualmente traballa como ilustradora para unha revista de xardinería e paisaxismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario