mércores, 6 de maio de 2020

REGÁLOVOS UN CONTO E UN MAIO

Ola amiguiños e amiguñas!
Que tal, como estades? Eu estou moi contento. Lembrades que onte vos preguntei se fixerades un maio? Pois parece que si. Onte os meus amigos Raúl e Diego mandáronme a foto do maio que fixeron co axuda do seu avó. Ollade!



Está chulísimo! Grazas por compartir con nós este maio tan chulo.

Encántanme eses avós e avoas que coidan, axudan e fan actividades  tan chulas coma esta cos seus netos e netas. A min encantaríame ter un avó ou unha avoa!!! Se sabedes dalgún que me quiera adoptar, avisádeme! Eu encantado.

Hoxe tráiovos un conto que me gusta moito, titúlase "Orellas de bolboreta". Lémbradesvos que o outro día faleivos do acoso escolar? Pois este conto narra a historia de Mara, unha nena da que se burlan os seus compañeiros e compañeiras debido ao seu aspecto físico. Mara cóntallo a súa nai e esta tenta darlle un sentido positivo a todo o que lle din os seus compañeiros e compañeiras, empregando a imaxinación. Mara aprende o consello que lle dá a súa nai e emprega a imaxinación para contestarlles de maneira enxeñosa e divertida. Ollade a ver que vos parece!




Mañá máis cousas.
Unha forte, fortísima aperta.



2 comentarios:

  1. Nós adoptámoste sen problema Papirus!!Meu avó é moi bó!! Vaiche tratar moi ben!! Que sorte!
    Raúl.
    Bicos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben!!! A verdade é que si, tes moita sorte por ter ese avó. Cóidaoo moito!!!
      Biquiños

      Eliminar