mércores, 28 de maio de 2014

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO VISITA O BIBLIOCASTELO

Hoxe tivemos a gran sorte de compartir lecturas e ilustracións con JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.  Veunos falar do seu libro en banda deseñada: MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA.


Todo o primeiro ciclo coñece  AS VIAXES DE MARCOPOLA,  un cómic cheo de aventuras e personaxes moi divertidos que leron e traballando coas súas mestras, na hora de biblioteca durante este curso.


Algúns tamén leron  o segundo libro. MARCOPOLA E OS PIRATAS DA LÚA...


...e onte coñecemos, en primicia, a DRAGONETA,  unha especie de dragón no que se vai converter a malvada Demoneta. Xa estamos desexando ler esta nova aventura de Marcopola!!!


Contounos moitas cousas do seu traballo que consiste en escribir historias e despois debuxalas. Pero, as veces, tamén fai ilustracións para os libros doutros autores como en "O raposo e a mestra" ou "Un mosquito de nome Henri"

Mentras nos falaba sobre os seus libros, debuxounos algúns personaxes que xa coñecíamos moi ben.


E nos ensinámoslle os traballos que fixemos lendo os seus libros:

Unha ilustración onde aparecen todos os personaxes e a súa descripción

Un gran mural por capítulos, cos debuxos que fixeron os nenos e nenas.

Para rematar a sesión, asinou todos os libros dos rapaces e rapazas, cunha dedicatoria especial e personalizada para cada un.



MOITAS GRAZAS JACOBO!!! 

Para ler máis preme AQUÍ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario