mércores, 26 de febreiro de 2014

O PEQUENO MAGO

O venres 21 recibimos a visita de Roque Cameselle, autor da historia O pequeno Mago e director da película de animación que ven de estrearse no cine este nadal.


Roque explicounos como se foron creando e a evolución dos distintos personaxes que aparecen na historia:





Amosounos como son os escenarios e como se fan:



E dunha forma moi gráfica explicounos como se elaboran as distintas escenas: empréganse uns vintecinco debuxos para obter un segundo de grabación:




Resultou moi interesante e aprendemos moitas cousas novas. 


Se aínda non coñeces a historia do pequeno mago, podes buscar o libro na biblioteca. O protagonista é un neno de nove anos que se chama Bieito Dubidoso que ten poderes máxicos. A acción transcorre na pequena cidade galega de Tui.

Agora só nos queda ver a película e por se vos queda algunha dúbida deste xenial traballo, neste video podedes ver o trailler de presentación:

Ningún comentario:

Publicar un comentario