O 23 de abril, os nenos e nenas de 2º curso gozaron no bibliocastelo dun contacontos a cargo de María Carrera e Miguel Condal de Pinga Teatro.
Fixéronnos unha adaptación moi especial do libro " A NAI DA NAI DA MIÑA NAI" de Hércules edicións.
Achegáronnos ao mundo do Alzheimer dun xeito diferente e amable, desdramatizando esta terrible e triste enfermidade.
Ademais cantaron varias cancións, fixeron números de maxia divertidos e os nenos participaron activamente, sendo en todo momento unha parte importante da actuación.
Para rematar agasalláronnos cun conto máis.
En resumen, foi unha actuación fantástica, os nenos e nenas pasárono xenial, divertíronse moitísimo. Estamos desexando que volvan outra vez ao noso bibliocastelo con novas historias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario