Hoxe tivemos unha sorpresa no cole. POR FIN Papirus púxose en contacto con nós. Fíxoo por medio dunha carta que enviou a todas as clases. Nela convídanos ao seu aniversario, que é mañán, 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares. Pero como é sábado e non estamos no cole, a festa celebrarase no bibliocastelo o luns cos nenos e nenas de infantil e os de primeiro e segundo de primaria e o martes cos de terceiro, cuarto, quinto e sexto.
Pero aínda seguimos sin saber onde se atopa. Seica está en paradoiro descoñecido.
Este é o texto da carta que nos enviou.
Estas son as cartas que enviou aos Trasnos, aos Pelouros e ás Estrelas, que é como se chaman as aulas de infantil.
E estas son as cartas que lle escribiu aos nenos e nenas de primaria.
Foi una verdadeira ledicia ler a carta, pero sóubonos a pouco. Queremos saber onde se atopa, que fai...
Botámolo moito de menos e estamos desexando velo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario