Esta fin de semana (4, 5 e 6 de decembro) celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra, CULTURGAL, unha feira cultural na que os nenos e nenas son os grandes protagonistas. Este ano, haberá moita música, teatro, danza, libros e ciencia e ademáis un espazo permanente para xogos e xoguetes tradicionais. Os máis cativos (entre cero e catro anos) poderán pasar un anaco divertido nunha BEBETECA (en forma de bosque dos sentidos) , un espazo multisensorial no que poderán explorar a través do tacto, vista . . .
A entrada para menores de tres anos é gratuita , para os menores de doce anos custa un euro e para os adultos , dous euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario