Hoxe no Bibliocastelo tivemos unha visita moi especial : Raquel Queizás, coñecida como Queliña. Veunos contar fermosísimas e divertidas lendas do mundo.
Primeiro preguntounos se sabiamos o que era unha lenda e entre todos e todas artellamos unha definición : historia que ten un anaquiño de verdade e un anaquiño de fantasía, que se creou para poder explicar cousas que pasan ao noso arredor sen empregar coñecementos científicos.
Viaxamos con ela e coa axuda da música a países moi lonxanos. Contounos unha lenda china que explica porque os tigres teñen raias.
Logo cruzamos o océano e fomos ata Perú. Deste abraiante país contounos unha lenda que narra porque os coellos teñen as orellas tan longas e unha cola redondiña. Pediu voluntarios e voluntarias para realizar a escenificación. Así tivemos uns monos e unhas serpes moi especiais. Ollade, ollade!!
Pasámolo xenial! Rimos a esgalla! Quedamos con ganas de escoitar máis lendas!
Moitísimas grazas Queliña, foi un pracer terte con nós!
Paseino en grande con todxs vós!!!
ResponderEliminarAta o próximo conto!