sábado, 5 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN FILATÉLICA


Esta semana abriu as súas portas o Bibliocastelo cunha fantástica exposición filatélica titulada "O mundo dos selos", organizada pola Comisión de Xuventude da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) e patrocinada por Correos. Estivo exposta no corredor da biblio dende o luns ata o xoves.





O acto de presentación tivo lugar o martes e asistiron representantes do Concello, da ANPA e membros de equipos directivos de centros educativos da vila.


Houbo Xornadas de Portas Abertas o martes e o mércores en horario de 16:00 a 18:00 con visitas guíadas para que a visitasen as familias e obradoiros para o alumnado.







Realizáronse ademais outras actividades:
- Charlas, xogos, visionado de vídeos...
- Concurso "Deseña o selo da túa localidade". Os alumnos e alumnas tiñan que debuxar algo representativo da súa localidade: un edificio, unha praia...Co debuxo gañador vaise facer un selo de curso legal.
Tamén se creou unha edicición limitada dunha serie de selos, onde a nosa mascota, Papirus e o noso cole son os protagonistas. Papirus estampado nun selo!! Ollade!



Os dous son deseños de Marc Taeger e son de curso legal, foron editados pola Fábrica de Moeda e Timbre.  
Esta exposición foi posible grazas ao ofrecemento do Presidente da Comisión de Xuventude da Federación, José Pedro Gómez, que dende hai anos pasa os veráns en Bueu. Dende aquí queremos agradecerlle que compatira esta colección con todos nós, tamén darlle as grazas a Marc polos seus deseños e a Juan Carlos Blanco por ensinarnos tantas cousas deste fascinante mundo, o mundo dos selos. 
Se queres máis información preme na seguinte imaxe.


Ningún comentario:

Publicar un comentario