Co gallo do noso proxecto deste curso O 50 ANIVERSARIO da nosa escola, convidamos a Arturo, un exalumnno moi especial por varios motivos:
1.- A súa traxectoria profesional que encaixa á perfección neste mes de novembro; o mes da ciencia xa que é contramaestre no buque oceanográfico Ángeles Alvariño.
2.- Por se isto non é suficiente, acaba de chegar da Palma. Ali estivo traballando co seu barco no volcán Cumbre Vieja onde están investigando o impacto que a erupción está tendo no océano.
3.- E por último é un exalumno que viviu os primeiros anos de funcionamento da nosa escola. Arturo falounos
da súa experiencia como alumno deste cole.
- Contounos que había clases mañá e tarde. Ao mediodía marchaban a casa a comer e despois tiñan que volver á escola.
- Acordábase dalgunhas das súas mestras e mestres, como Doña Elisa ou Don Manuel. Chamounos moito a atención que os chamaran de Doña e Don.
- No recreo, explicounos que no patio de terra xogaban ao galope, aos trompos ou ás canicas. Na pista, que aínda existe, xogaban ao fútbol.
- Díxonos que, por aquel entón, nin os pais nin as nais viñan traelos. A rapazada maior traía aos pequenos e pequenas ata o centro.
No blog de 4º de primaria temos máis información desta interesantísima visita coa que comezamos o noso proxecto MEDRANDO XUNT@S NA PEDRA
Ningún comentario:
Publicar un comentario