domingo, 6 de febreiro de 2022

OBRADOIRO DE GUIÓNS DE RADIO

 Ola amiguiñxs:

A rapazada de 4º estivo realizando ao longo desta semana un obradoiro sobre guións radiofónicos, impartido por Denís de Radioespora. Primeiro comezou falándolles da importancia da radio como medio de comunicación, como a pesar de todos os avances tecnolóxicos e das redes sociais a radio segue empregándose. Logo ensinoulles como facer guións (imprescindibles en todo programa de radio). Comentoulles tamén a necesidade de ter unha boa dicción, falar con voz clara, cun ton e unha entonación axeitada... Tamén do papel importante da música, escoller unha boa banda sonora, empregar efectos especiais, etc.

A continuación, a través dun remuíño de ideas, cada equipo elexiu o tema do guión que ía  elaborar e logo puxéronse mans á obra! Escribiron os seus guións e finalmente foron á emisora a gravar os resultados. Ollade o ben que o pasaron!  

Os resultados deste obradoiro foron fantásticos. Xa son uns profesionais! Escoitade!


Noraboa, un traballo fantástico!

Biquiños


Ningún comentario:

Publicar un comentario