Ola amiguiñxs:
Hoxe a rapazada de 3ºA acompañou ao seu compañeiro Goro Couso García á Deputación Provincial de Pontevedra a recoller un premio.
Ademais dos seus compañeiros e compañeiras, Goro tamén estivo acompañado pola súa familia.
Foi un dos tres premiados no concurso Búscase a talento.
Este concurso foi organizado pola Deputación de Pontevedra para o alumnado de 3º e 4º de primaria para promover o xoguete igualitario. Consistiu en crear unha máscara, un personaxe divertido, creativo, orixinal, libre..., cos materiais que aportaban. Podíase empregar calquera técnica artística. Cabe sinalar, que o traballo gañador de Iria Portabales do CEIP Virxe do Rocío de Vigo, vai ser o protagonista dun conto infantil, que vai escribir Ledicia Costas. De feito, un dos mellores momentos da gala, foi cando a propia escritora apareceu na pantalla para comunicar que ela escribirá o conto co Talento gañador como protagonista. Estou desexando ler o conto que vai escribir Ledicia. Seguro que é fantástico como todo o que ela escribe!
Ollade os traballos gañadores!
Chulísimos, non si? Uns traballos moi orixinais!!! Noraboa a todos e todas que participaron e sobre todo a Goro polo premio e pola fantástica máscara que realizou. Se queredes saber máis, premede na seguinte imaxe!
Un dos agasallos que recibiu o centro foi unha actuación do grupo MIGALLAS que estivo no cole co alumnado de 3º, o 10 de maio.
Biquiños
Ningún comentario:
Publicar un comentario