sábado, 9 de abril de 2022

PROXECTO BUEU

 Ola amiguiñxs:

Vouvos contar e amosar un proxecto interesantísimo que realizou a rapazada de terceiro. "Bueu, a nosa vila" este é o título do mesmo.

Durante varias semanas estiveron traballando arreo. Buscando información, contrastando datos... No seguinte vídeo podedes observar como foi o proceso inicial do proxecto.

Na procura de datos contaron coa gran axuda de Arturo Cidrás, avó de Carmen, Martín e Juan e exprofe do cole. Arturo é unha importantísima fonte de información, xa que ten feitos numerosos traballos sobre a nosa vila.


Logo visitaron diferentes lugares da vila que estiveran traballando na clase e por suposto, foron ao Concello. Alí o alcalde, Félix Juncal e algúns concelleiros e concelleiras os atenderon e amablemente responderon as súas preguntas.


Despois con toda a información recollida fixeron unhas presentacións chulísimas. Premede na seguinte imaxe para poder velas!


Para rematar este fantástico traballo, fixéronlle unha entrevista na radio aos concelleirxs Silvia Carballo e Martín Villanueva, exalumnxs do noso cole e ao alcalde, Félix Juncal, que tamén foi alumno do noso centro. Countoulles como era o cole cando el estudaba e algunha anécdota de cando era pequeno. Escoitade!
 


Noraboa rapazada! Un traballo incríbel! Estou moi orgulloso de vós!!!
Biquiños


Ningún comentario:

Publicar un comentario