O martes 8 de abril achegouse ao Bibliocastelo o autor ANXO IGLESIAS que ademais é profesor de Educación Física e forma parte do grupo de música infantil A banda dos cueiros.Veu falar co alumnado de 5º de primaria do seu libro de poesía UNHA NOVA DIMENSIÓN que foi Premio Merlín en 2022. Trátase dun libro de poemas moi inxenioso artellado a partir do concepto xeométrico de dimensión, cunha gran dose lúdica e imaxinativa.
Foi unha sesión moi divertida e animada onde rapeamos poemas e recitamos un abecegrama.Explicounos como escribía os seus poemas e que aínda que ten moitos escritos, este é o único que ten publicado polo de agora.
GRAZAS ANXO!!! A TÚA POESÍA FOI UN FANTÁSTICO DESCUBRIMENTO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario