Esta semana tivemos a sorte de contar con Andrea Maceiras, escritora e profesora coruñesa.
A rapazada de 5ª estivo lendo o seu libro "A folla azul" que conta a historia de Husu Aké filla da Terra e membro da tribo dos Tacaré. Trátase dunha tribo indíxena que vive oculta no corazón da selva na Amazonia.
A partir das preguntas que o alumnado levaba preparadas, foinos contando moitas cousas sobre este libro.
Tamén lle ensinaron os debuxos e textos que fixeran a partir do que máis lles gustou do libro.Antes de marchar asinou os exemplares dos rapaces/zas con moito cariño.
MOITAS GRAZAS ANDREA!!! AGARDAMOS QUE VOLVAS PRONTO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario