domingo, 27 de outubro de 2024

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amiguiños e amiguiñas:

Estou moi contento e agradecido por todas as visitas que recibín nesta semana, Como me gusta que veñades ao meu Bibliocastelo!!! 

Para quen non o saiba, explico brevemente en que consistiu a actividade coa que me agasallastes: o alumnado de primaria organizou apadriñamentos lectores,  pero no lugar de contar os contos, escenificaron as historias aos compañeiros/as máis pequenos., coma se fosen actores e actrices,  Algúns cursos, incluso se desplazaron ata o cole de infantil para acompañar ao alumnado na viaxe ata o Bibliocastelo.

Tamén descubrín que sodes uns e unhas grandes artistas, Que representacións tan marabillosas puiden presenciar!!!

Para que non vos perdades nada deixo, a continuación,  as ligazóns aos blogs de aula, para que poidades ver como viviu cada curso este acontecemento:

 TRASNOS A PEDRA

PELOUROS

LARETAS

PEIXES NA PEDRA

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

Ata pronto amiguiños/as!!!



domingo, 20 de outubro de 2024

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amiguiños e amiguiñas:

Co gallo da celebración do meu aniversario que coincide co Día das Bibliotecas Escolares (24 outubro), achego unha tarxeta virtual para convidarvos a visitarme no meu Bibliocastelo.
 

Espero que veñades todos e todas!!!

Para comezar a celebración os meus queridos/as axudantes/as de 6º de primaria teñen unha mensaxe para vos:


Pois como dixeron eles e elas xa estamos preparados para comezar o noso proxecto deste ano así que ....

QUE SUBA O PANO NA PEDRA!!!


luns, 14 de outubro de 2024

IX DÍA DAS ESCRITORAS

Ola amiguiños e amiguiñas,

Hoxe, 14 de outubro celebramos o Día das Escritoras e coma todos os anos queremos homenaxear as grandes escritoras galegas. Por iso coa colaboración dos axudantes preparamos no bibliocastelo  unha exposición con libros dalgunhas delas que podedes ler ou levar en empréstito. 

Dende Bibliotecas Escolares nos achegan tamén algúns textos de escritoras seleccionados por Ana Iris Simón.

PREME NA IMAXE

Un saúdo e Boas Lecturas



martes, 1 de outubro de 2024

O BIBLIOCASTELO ABRE AS SÚAS PORTAS

 Ola amiguiños/as:

Hoxe o BIBLIOCASTELO abre de novo as súas portas a toda a comunidade educativa. Que ganas tiña de volver a estar con todos/as vos despois das longas vacacións de verán!!!

Os meus axudantes xa están en marcha, empezan os primeiros equipos a traballar.

Tamén empezan os primeiros contacontos e representacións:

E por último, xa está lista a exposición deste ano "QUE SUBA O PANO" con títulos relacionados co teatro e que iremos ampliando ao longo do curso:

Agardo que este comezo sexa unha gran representación para todos/as porque como dixo o gran poeta Federico García Lorca "O teatro é a poesía que sae do libro para facerse humana"