venres, 19 de decembro de 2025

MELLORES LECTORES/AS DO BIBLIOCASTELO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Agora que remata o trimestre e se achega o Nadal, gustaríame felicitar aos rapaces e rapazas que máis libros levaron en empréstito da nosa biblioteca dende setembro, porque LER É IMPORTANTE E SE O FACEMOS POR GUSTO É UN PRACER.

1º PREMIO: Izan Garrido de 4º primaria

2º PREMIO: Uxía Loira de 5º infantil

3º PREMIO: Aroa Bastón de 4º primaria

4º PREMIO: Alba Carballo de 4º de primaria

5º PREMIO: Sheyla Ares de 4º de primaria

O xoves 18 de decembro durante o recreo van recibir unha pequena homenaxe e un agasallo porque LER PAGA A PENA SEMPRE


NORABOA A TODOS E TODAS!!! 
QUE AS BOAS LECTURAS ILUMINEN OS VOSOS DÍAS!!!



xoves, 18 de decembro de 2025

3º XUNTANZA DO CLUB DE PAPIRUS

 Nos últimos días de decembro, antes das vacacións de Nadal, o Club de Papirus volveuse xuntar no Bibliocastelo. Nesta ocasión para cambiar impresións sobre os libros  O PAÍS DA CHOIVA de Miguel Ángel Alonso e EL VALLE DE LOS LOBOS de Laura Gallego.



A avaliación polo de agora é positiva, aínda  que nesta última xuntanza faltaron algúns nenos/as xa que era en horario de tarde. Nestes últimos días tivemos dúas incorporacións tardías, así que contamos con dous alumnos máis para o seguinte trimestre no noso club.

Un saúdo e BOAS FESTAS! VÉMONOS Á VOLTA CON NOVAS LECTURAS!!!



luns, 15 de decembro de 2025

GUÍAS DE LECTURA NADAL

 SEMENTANDO LETRAS, RECOLLENDO HISTORIAS

Compartimos as lecturas seleccionadas pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrzo para que agasalledes LECTURAS EN GALEGO.

Agardo que sexan do voso agrado


luns, 1 de decembro de 2025

LER NO NADAL

 Ola amiguiños e amiguiñas,

Aquí vos deixo algunhas recomendacións de lecturas invernais e de nadal para gozar no sofa, envoltos na manta, neses días de frío e chuvia.


Agardo que sexan do voso agrado!


venres, 21 de novembro de 2025

2ª XUNTANZA DO CLUB DE PAPIRUS

 Nesta segunda xuntanza, primeira para o grupo intercambiamos as nosas impresións sobre o libro LAS HERMANAS INVIERNO de Joland C Bertrand. 

En xeral pareceunos un libro moi interesante pero algo longo polo que algúns/has non poideran rematalo pero prometeron facelo xa que estaban gozando moito coa súa lectura.

Este grupo foi un pouco máis esixente xa que lle deron un 8.6 de puntuación.


Anotade pois outra recomendación para estes días de inverno!


venres, 14 de novembro de 2025

SEGUINTES PROPOSTAS LECTORAS

Estás son as seguintes propostas de lectura do noso club de Papirus.

O PAÍS DA CHOIVA de Miguel Ángel Alonso Diz fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa libua é parte da nosa herdanza cultural como galegos. De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes da nosa lingua.


EL VALLE DE LOS LOBOS de Laura Gallego (Crónicas de la Torre I) conta a historia de Dana, que se criou xunto cos seus irmáns levando unha vida normal. Un día o Maestro levouna con el á Torre no valle dos Lobos e non se imaxinaba que a súa vida ía mudar para sempre e se ía converter na depositaría de segredos tan máxicos como antigos. Que aventuras lle depara o destino? Fantastico libro onde nos achegamos a un mundo cheo de seres máxicos e criaturas sobrenaturais.


Agardo que estas lecturas vos deixen moi bos momentos!!!


xoves, 13 de novembro de 2025

1ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

 O mércores  12 de novembro tivemos a primeira xuntanza do noso club de lectura. 

Reunímonos no Bibliocastelo para comentar o libro Queco e Kika de Eva Mejuto. 

A opinión xeral foi que lles gustou moito e ata lle puxeron unha puntuación de 9, aínda que a algun/ha non lle dera tempo de rematalo.





Todos/as coinciden en recomendar a lectura deste libro, así que a que agardas???


luns, 27 de outubro de 2025

RECREOS DE CONTO

As miñas axudantes son moi creativas e por iso decidiron crear unha historia de Samaín, con bruxa e canción de TIK TOK incluídas. 

Convidaron ao alumnado de 1º e 2º o mércores 21 de outubro.

Aquí vos deixo unha mostra da súa interpretación que espero vos guste moito:



mércores, 22 de outubro de 2025

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O venres 24 de outubro e un día moi especial para min. Por unha banda celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e por outra é o MEU ANIVERSARIO. Non me preguntedes cantos anos cumplo porque son tantos xa que non levo a conta.

Gustaríame conmemorar con vos esta data e por iso vos convido ao meu BIBLIOCASTELO, aquí vos deixo a invitación e lembrade que non é preciso traer agasallo.
Teño preparadas moitas actividades para vós. Para empezar os meus axudantes de 6º de primaria queren darvos a benvida a un novo curso e presentarvos o proxecto para este ano "A PUBLICIDADE" cun video onde nos ensinan todos os recunchos do BIBLIOCASTELO:


Ademais, nos próximos días ides recibir a visita dos compañeiros/as que vos van apadriñar e amadriñar con poemas e lecturas compartidas. Agardo que gocedes de tan boa compañía por partida doble: libros e amigos/as!!! 

Xa tendes o novo marcapáxinas ? A que esperas para personalizalo e decoralo ao teu gusto?

luns, 20 de outubro de 2025

AS NOSAS PRIMEIRAS LECTURAS

No CLUB de Papirus van participar 12 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria e dicidimos dividir en dous grupos polo que imos comezar con dous libros:

QUECO E KIKA de Eva Mejuto, ilustrado por Paula Cheshire, da colección Merlín , Xerais. 

Unha novela chea de humor sobre a convivencia e o amor aos animais, que mereceu o VIII Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil pola igualdade.

LAS HERMANAS INVIERNO de Joland C. Bertrand e que foi Premio Librarías Quebec 2023.

Unha novela de aventuras inspirada na mitoloxía nórdica e no folclore escandinavo, ambientada nos bosques boreais e no Norte máis máxico, deuses tramposos, pícaros trols, festas de Yule e animais misteriosos...


Teñen boa pinta, non si???


domingo, 12 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS (13 de outubro)

 O luns 13 de outubro celébrase a X edición do DÍA DAS ESCRITORAS e como sempre xa temos preparada a nosa exposición de libros en galego das nosas escritoras preferidas.


Anímate a levar algún en empréstito para ler na casa!!!

Dende Bibliotecas Escolares nos chega o cartel conmemorativo co lema deste ano "1975, ESCRIBIDE COMPAÑEIRAS" unha reivindicación do legado das escritoras ao longo da historia:

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

Tamén nos deixan unha proposta de textos en galego, mantendo a ortografía orixinal do momento histórico no que foron creados para reflexar as dificultades de escribir en galego nesa época.

SELECCIÓN DE TEXTOS EN GALEGO

E agora sodes vos os encargados/as de darlle visibilidade as nosas escritoras galegas a través da lectura dos seus libros e de todas as actividades que faredes na aula coas vosas titoras/es. Compartide conmigo algunha imaxe deses momentos que tamén formarán parte da nosa historia.

mércores, 8 de outubro de 2025

O CLUB DE PAPIRUS

 Estamos dando os primeiros pasos para crear o CLUB DE LECTURA do Bibliocastelo A Pedra:

1º Escollemos un nome para o noso club e creamos un logo:

2º Reunínonos para concretar quen quere formar parte do club entre o alumnado de 5º e 6º e que libros nos gustaría ler 

3º E por último,  mercamos os libros elixidos para comezar a gozar do pracer da lectura.

ATA MOI PRONTO!!!



mércores, 1 de outubro de 2025

BENVIDOS/AS UN ANO MÁIS AO BIBLIOCASTELO

 Ola amiguiños/as:

Empeza un novo curso e o noso Bibliocastelo volve cobrar vida. 



E como non podía ser doutra maneira, as nosas mochilas viaxeiras énchense de lecturas rumbo aos vosos fogares de novo.

Como podedes observar este ano estamos de estrea, MOCHILAS NOVAS, e chaveiro identificativo novo tamén, feito coa nosa impresora 3D. Agardo que sexa do voso gusto e sobre todo desexo que TEÑADES MOI BOAS LECTURAS.

TRÍPTICO INFORMATIVO

Coñeces ben o BIBLIOCASTELO? Para que o saibas todo e non te perdas nada,  aquí tendes unha pequena guía en forma de tríptico: