mércores, 10 de novembro de 2010

RECREOS DE CONTO

Esta semana Marcos e Dani de 6º B contaron un conto moi especial e apropiado para as datas nas que estamos

"UNHA PANTASMA CON ASMA".

Moitas grazas rapaces!!!

luns, 1 de novembro de 2010

LIBROS E XOGOS DE PRODUCCIÓN PROPIA

Todos os anos, alá polo mes de maio, expoñemos os traballos feitos polo noso alumnado durante o curso para que toda a comunidade educativa poida gozar do bo facer dos nosos nenos e nenas.
Debido as obras que tivemos no cole desde o mes de xuño, non foi posible facer a exposición e quedou aplazada para outubro.
Agora mesmo na entrada do colexio están expostos todos os traballos e os xogos feitos o curso pasado.
Non deixedes de vela! De verdade que paga a pena!!!


RECREOS DE CONTO

A semana pasada inauguramos a actividade "RECREOS DE CONTO" na que os axudantes de Papirus escollen e preparan un contacontos para os seus compañeiros/as do cole, que despois len ou representan durante o recreo.
Empezaron Jessica e Luna de 6ºA co conto "COCORICO". Sentimos non ter unha foto delas, a próxima vez non nos esqueceremos de facerlla.
Esta semana foi o turno de Pablo e Alejandro Juncal de 6ºB co conto "OS TRES BANDIDOS"


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro ademáis de ser o Día das Bibliotecas Escolares é o aniversario de alguén moi especial para nós "PAPIRUS" a nosa mascota. Dende setembro do curso pasado andaba de viaxe, percorrendo mundo. Visitou varios paises desde onde nos enviaba cartas e postais.
Xa tiñamos moitas ganas de que voltara ao seu recuncho para vixiar as nosas lecturas!!!
E ... chegou canso pola longa viaxe pero cheo de ilusión e moitas ganas de ver a todos os rapaces e rapazas da Pedra. Menuda sorpresa nos dou a todos e todas...
Contounos como lle foi polo mundo, as cousas que aprendeu e os amigos que fixo.




Que ben o pasamos! Aprendimos moitas cousas, gozamos da súa compaña e houbo apertas e lambetadas para todos e todas.



domingo, 31 de outubro de 2010

BICOS DE SOL

O xoves 28 de outubro tivemos a visita de Asun Estévez que acaba de presentar o seu libro "Bicos de Sol"
Falounos da súa enfermidade que a impulsou a escribir este conto que trata de desdramatizar o impacto que supón unha grave enfermidade no seo de calquera familia, pero especialmente para resaltar a importancia da implicación de tódolos seus membros.
Camiñamos con esa nai e esa filla, todo coraxe e dozura, para cruzar ese río de augas turbias. Sofía e a súa nai fixéronnos comprender que cando un problema é asumido con naturalidade comeza a resolverse. E que por suposto, un bico de sol é unha gran medicina.















CHEGA O SAMAÍN

Xa está aquí o Samaín, levámonos preparando durante toda a semana.
Empezamos co concurso de conxuros do que xa temos gañadores, despois veu o traballo nas aulas donde aprendimos moitas cousas.
Tamén fixemos algunha que outra obra de arte nas clases de plástica que agora están exposta polos corredores do cole.
Na biblioteca temos, coma todos os anos, a exposición de lecturas de medo, que xa moitos de vós estades a ler nas vosas casas e que aínda van estar unha semana máis con todos nós.
Desde o mércores a entrada do cole encheuse de cabazas moi orixinais e divertidas que foron traendo os nosos nenos e nenas.
Que grandes artistas sodes!!!


xoves, 28 de outubro de 2010

GAÑADORES DO CONCURSO DE CONXUROS

Debido a gran calidade dos traballos presentados otorgaranse dous premios por ciclo e catro accesits.


Nenos e nenas que obtiveron un accesit:

Queredes ver os seus traballos?



xoves, 21 de outubro de 2010

UN SAMAÍN DE MEDO!!!



GRAN CONCURSO DE CONXUROS!

Sapos, ratos e pedras,
Pezuños de canguro,
raios, tronos e tebras!
Inventa o teu conxuro!




Para gañar este concurso deberás por a túa imaxinación a traballar.

Cada neno/a traerá o seu conxuro escrito e decorado nunha cartolina.

A idea consiste en compoñer en verso algunha frase máxica que serva para acadar algún efecto determinado.


Quizás podería servir de exemplo:

“Colorín , colorado.
A quen non erga o cu
Vaille quedar pegado.”

Para a decoración poderán empregar todo tipo materiais (ceras,pinturas, rotuladores, témperas…) e técnicas (collage, puntillismo.

Os cativos de cada titoría escollerán aquel que máis lles guste, a fin de que represente a súa clase na selección por Ciclos.

Despois escollerase o conxuro gañador de cada categoría. Haberá un gañador por ciclo.

Todos os conxuros serán expostos nos corredores da escola.

Grazas polo voso aterrador sentido do humor!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP A PEDRA.


domingo, 17 de outubro de 2010

RECURSOS PARA SAMAÍN


Xa case está aquí o SAMAÍN coas súas historias de medo, de bruxas, pantasmas e cabazas luminosas.
Para estar listos premede na imaxe e atoparedes un montón de recursos: enlaces, xogos, unidades didacticas, debuxos, videos, cortos ... que nos chegan nunha recompilación de varios colexios amigos.

domingo, 10 de outubro de 2010

MARIO VARGAS LLOSA, PREMIO NOBEL DE LITERATURA

Este escritor hispano-peruano foi o elexido este ano para recibir o Premio Nobel de Literatura que concede a Academia Sueca.
Pero quen é? Agora imos saber algo máis sobre el.
Mario Vargas Llosa naceu en Arequipa, Perú o 28 de marzo de 1936.
Considerado un dos máis importantes novelistas en lingua española.
Tamén é dramaturgo, periodista e ensayista.
Ao longo da súa carreira recibiu innumerables premios no ámbito das letras como o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Planeta entre outros.
É membro da Academia Peruana da Lengua desde 1977, e da Real Academia Española desde 1994.
Entre as súas obras máis coñecidas destacan:
La ciudad y los perros
La casa verde
Conversación en La Catedral
Pantaleón y las visitadoras
La fiesta del chivo
Lituma en los Andes
Se queres saber máis preme na foto.

sábado, 9 de outubro de 2010

VOLVEN SAIR AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Iniciamos novo curso e travesía na procura de experiencias que vivir e...
na nosa equipaxe de saber, peza esencial han de ser
as MOCHILAS VIAXEIRAS para o tempo de lecer.


Coa ilusión renovada e o coñecemento do vivido, tomamos boa nota das vosas suxestións sobre temas das lecturas e o tempo de empréstito.
Foi moi ilustrador ler as vosas mensaxes nos diarios.





domingo, 3 de outubro de 2010

OUTUBRO. MES INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR



Desde 2007, IASL (International Association of School Librarianship) estableceu o mes de outubro como o mes internacional das bibliotecas escolares. Este ano o lema é: O desafío de atender á diversidade: Bibliotecas escolares para todos.
Preme na imaxe e accederás a AGABEL(Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura)

venres, 24 de setembro de 2010

III ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Baixo o lema VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA están convocados os encontros de Outubro en Santiago de Compostela. Se queres saber máis preme na imaxe.

venres, 17 de setembro de 2010

BENVIDOS/AS A ESTA NOVA VIAXE DE CONTO

Saúdos lectores meus queridos amiguiños/as.
No Bibliocastelo A Pedra comezamos unha nova andaina polo camiño dos libros.
E a piques de iniciar esta nova aventura agardamos novas da nosa querida mascota PAPIRUS que segue a percorrer o mundo.

Esperamos sorpresas fantásticas e lecturas que non poderemos esquecer.
Dende este blog seguiremos compartindo todos estes momentos agradables e comentando as novas experiencias que iremos vivindo cos libros.