domingo, 12 de febreiro de 2012

BOAS NOVAS CADA DÍA


Este ano decidimos celebrar a PAZ buscándoa ao noso redor por iso o corredor da entrada do cole encheuse de BOAS NOVAS que os rapaces e rapazas escolleron nos distintos xornais. Non foi un traballo fácil, xa que as boas novas escasean e ademais o noso alumnado tivo que refacelas, contándoas coas súas propias palabras e facendo un debuxo ou recortando unha foto para ilustrala.
Aquí vos deixo algunhas pero se queredes ver máis, achegádevos ao cole. 






xoves, 9 de febreiro de 2012

GONZALO MOURE NO BIBLIOCASTELO

Onte tivemos o gran pracer de recibir no Bibliocastelo a Gonzalo Moure. Foi unha conversa moi agradable. É marabilloso como sabe chegar, non só aos rapaces e rapazas, senón tamén aos adultos, Tod@s gozamos moitísimo da súa presenza e aprendemos moitas cousas.
Os nenos e nenas fixéronlle numerosas preguntas, ás que contestou con moito agarimo.
Así descubrimos que lle encanta a súa profesión porque di que "é o traballo máis bonito do mundo. Ser libre, escribir do que eu quero é algo impagable". Desde neno escribir lle parecía que era facer maxia: "Nun bolígrafo está o conto máis bonito do mundo"
Agora sabemos que leva escritos máis de 40 libros e que o seu preferido é "PALABRAS DE CARAMELO" porque está escrito dende o corazón.
Tamén nos falou dos libros que estiveron lendo os nosos nenos e nenas, así de "CUENTO Y CAMA" nos contou que se inspirou nunha nena que chorando lle contaba como desde que aprendera a ler. botaba de menos cando súa nai se metía na cama con ela e lle contaba un conto.
Para escribir "LOS CABALLOS DE MI TÍO" inspirouse nos seus propios cabalos que lle ensinaron moitas cousas que non sabía e aprendeu con eles! outra maneira de mirar á vida.
Falounos do libro que está escribindo agora mesmo "EL ANIMAL DE MIS ANIMALES, SOY YO" porque el coida e xoga cos seus animais pero eles tamén xogan con el e o coidan. 
É a segunda vez que temos a sorte de contar coa presenza de Gonzalo Moure no noso cole e xa estamos desexando que volva pronto porque nos encanta escoitalo.




MOITAS GRAZAS GONZALO 
POR ESTES MOMENTOS  TAN MARABILLOSOS!!!

sábado, 4 de febreiro de 2012

PRÓXIMA VISITA NO BIBLIOCASTELO

Estamos impacientes agardando a VISITA DE GONZALO MOURE prevista para o mércores día 8 de xaneiro. É a segunda vez que visita o noso Bibliocastelo e como xa o coñecemos sabemos que os rapaces e rapazas do 2º ciclo van gozar moito coa súa presenza.
Polo de agora xa o están pasando ben cos seus libros:

Os alumn@s de 3º están a ler CAMA Y CUENTO, a súa protagonista, Malva, xa é maior pero non quere perder o momento máxico no que a súa nai lle le contos pola noite antes de durmir. Unha historia preciosa para nais/pais e fill@s.


Os nen@s de 4º están a ler LOS CABALLOS DE MI TÍO. Darío, un neno de cidade que ten 10 anos vai veranear á finca dos seus tíos en Asturias. Alí coñecerá a Gioconda e Leonardo, dous cabalos aos que coidará e aprenderá a tratar,  descubrindo que os animais teñen sentimentos e necesitan afecto.


Para saber máis accede ao noso CADERNO DE VISITAS

mércores, 1 de febreiro de 2012

SI QUE CHE GUSTA LER

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de presentar unha campaña de lectura dirixida a mozos e mozas de 14 a 18 anos. Preme na imaxe e xoga.

UN ENTROIDO MEDIEVAL

Este ano o Ceip A Pedra vai volver atrás no tempo, viaxaremos ata a IDADE MEDIA e coñeceremos a época dos cabaleiros e dos señores feudais. Aprenderemos quenes e como eran os habitantes dos castelos e investigaremos como era a sociedade daquela época.
E cando chegue o Entroido sairemos polas rúas de Bueu cos nosos fermosos traxes medievais.
Para que  cheguedes a ser uns expertos en cuestións do medievo, empezaremos por visitar un castelo medieval pero non é un castelo calquera, preme na imaxe e xa verás...

WEBQUEST 2º E 3º CICLO
WEBQUEST SERVOS E VASALLOS

Agora imos ver un video moi interesante sobre os castillos medievais.


Ímonos divertir un pouco, ti sabes como e a que xogaban naquela época?

WEBQUEST: XOGOS NA IDADE MEDIA
WEBQUEST 5º PRIMARIA












WEBQUEST  INFANTIL E  1º CICLO





Entra nun castelo medieval premendo AQUÍ 


PROXECTO MEDIEVAL para traballar cos rapaces e rapazas de Educación infantil 



Segue a Martín no seu percorrido pola Idade Media





Os nenos e nenas de INFANTIL DE 3 ANOS estiveron facendo un precioso castelo na súa aula como se pode ver neste video

DÍA DA PAZ

O luns 30 de xaneiro, celebramos no patio do cole de Primaria, , o DÍA DA PAZ.
Nenos e nenas dos distintos cursos leron algunhas das  boas noticias que están expostas no mural da entrada do cole.
Todos xunt@s cantamos a canción de Louis Armstrong, WHAT A WONDERFUL WORLD, que preparamos nas aulas e démonos apertas de Paz, coa RUMBA DAS APERTAS.
Para rematar soltamos as pombas que voaron libres mentras tod@s nos aplaudiamos.

luns, 30 de xaneiro de 2012

A PAZ TAMÉN É SOLIDARIEDADE COS DEMAIS

O venres 27, dentro das acividades realizadas para conmemorar o Día da Paz, contamos coa presenza duns conferenciantes moi especiais. Premede nos enlaces para saber máis.






mércores, 18 de xaneiro de 2012

RUMBA DAS APERTAS

Coa "Rumba das apertas" manifestaremos o noso Desexo de Paz o día 30 de xaneiro,  así que tod@s a practicar.


venres, 13 de xaneiro de 2012

WHAT A WONDERFUL WORLD!!!

Esta é a canción escollida este ano para celebrar o DÍA DA PAZ e que cantaremos tod@s xuntos o día 30 no patio do colexio.


xoves, 12 de xaneiro de 2012

CANCIÓNS PARA A PAZ







ENLACES PARA A PAZ

Co gallo da celebración do Día da Paz o próximo 30 de xaneiro aquí vos deixo uns enlaces moi interesantes:










DÍA ESCOLAR POLA PAZ

O SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ ten entre os seus obxectivos promover a Educación para a Paz a través de actividades, recursos e ligazóns. Neste enlace poderás acceder a súa páxina.


mércores, 4 de xaneiro de 2012

2012 ANO CELSO EMILIO FERREIRO

Hai cen anos nacía en Celanova o gran poeta galego CELSO EMILIO FERREIRO (4 de xaneiro do 1912). Este ano con motivo do seu centenario o Parlamento galego declarou o 2012 como ANO CELSO EMILIO FERREIRO con actividades e celebracións especiais dedicadas a conmemorar a figura do escritor. Para máis información preme na imaxe. 




LONGA NOITE DE PEDRA

O teito é de pedra
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
as portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazóns dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo 
nesta longa noite
de pedra.

martes, 3 de xaneiro de 2012

O MÁIS DO 2011

Estas son as GUÍAS DE RECOMENDACIÓNS propostas en decembro do 2011 polo Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Salamanca da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, onde se ofrecen porpostas de lectura para o público infantil e xuvenil en diferentes formatos e soportes.