Hoxe celébrase o Bicentenario (200 anos) da publicación (20 de decembro do 1812) da primeira edición dos contos recompilados polos Irmáns Grimm. Os seus contos foron traducidos a 170 idiomas diferentes e no ano 2005 foron declarados Patrimonio Cultural da Humanidade.
Alemaña ven de declarar o ano 2013 como o ANO GRIMM sendo o centro a cidade Kassel na que viviron os dous irmáns.
Esta nova é moi interesante para nós porque está relacionado co proxecto sobre os Contos Clásicos "Cantos Contos Contas" que estamos levando a cabo este curso. Durante este primeiro trimestre estivemos traballando a estes escritores e os seus contos polo que todo o noso alumnado os coñece moi ben.
Se queres saber máis preme na imaxe coa que google quixo homenaxear o bianiversario dos seus relatos.
xoves, 20 de decembro de 2012
sábado, 15 de decembro de 2012
UN NADAL DE CONTO
Esta é a nosa GUÍA DE LECTURAS con recomendacións e novidades de libros para todas as idades.
Aproveitamos para desexarvos a todos e todas un moi Bo Nadal e esperamos que entre os vosos agasallos, os libros teñan un lugar especial e destacado.
xoves, 13 de decembro de 2012
RECITANDO CELSO EMILIO FERREIRO
Seguindo a proposta da CGENDL de rendirlle homenaxe a este poeta de Celanova, onte as 12.00 en punto todo o cole da Pedra saiu ao patio para recitar o poema "DEITADO FRONTE AO MAR" Estabamos todos e todas, o alumnado de infantil, o de primaria os mestres e parte do persoal non docente.
Resultou moi ben porque os rapaces e rapazas ensaiaran cos mestres e sabían o poema de memoria. Os maiores do cole recitaron as distintas estrofas mentras os demais acompañábamos repetindo estes versos tan significativos:
EU FÁLOA PORQUE SI, PORQUE ME GOSTA,
PORQUE ME PETA E QUERO E DÁME A GANA;
Se queres saber máis e ver máis fotos preme nestes enlaces.
domingo, 25 de novembro de 2012
25-N DÍA DA NON VIOLENCIA
Como todos os anos o alumnado do 3º ciclo participou no Concurso de carteis sobre "A violencia de xénero" que convoca o Concello de Bueu.
![]() |
| Preme na imaxe |
O venres 23 de novembro os rapaces e rapazas de 1º de Primaria foron invitados ao concello para ler un manifesto rexeitando todo tipo de violencia.
venres, 23 de novembro de 2012
PORTOBELLO PORQUE ME PETA
Un grupo de alumnos do I.E. Vicente Cañada Blanch de Londres falan de Celso Emilio Ferreiro e fanlle un precioso homenaxe no seu blog FALA LONDRES.
Entre outras iniciativas grabaron un corto que recolle unha especie de intervención poético-literaria no mercado dos venres en Portobello.
CONCERTO DIDÁCTICO DA BANDA ARTÍSTICA DE BUEU
Esta mañán recibimos no cole a visita da BANDA ARTÍSTICA DE BUEU cun CONCERTO DIDÁCTICO para os rapaces e rapazas de infantil e outros dous para os de Educación Primaria.
Estes concertos, especialmente dinámicos, foron interpretados por varios alumnos e outros tantos ex-alumnos do centro.
Victor, o director desta formación, levou de forma maxistral a este grupo de músicos e nos obsequiou con varias melodias moi fermosas, todas elas coñecidas e populares.
A participación do alumnado foi moi activa, respondendo a preguntas do tipo: A que familia pertence este instrumento? Como se chama? Cantas lengüetas ten? ... e probando os distintos instrumentos musicais.
Ao final, varios nenos e nenas afortunados tiveron a oportunidade de debutar como directores, empregando a batuta de Victor.
Outros fixeron as delicias co bombardino, o oboe e os clarinetes de María, Inés, Pablo Nogueira e Lucía Portela.
As flautas de María Brocos e Xabier Otero.
Nos metais Diego Patiño e Nerea Portela e no saxo Jairo.
Na percusión, a batería de Carlos Pérez. os bongoes de Isay e o xilófono de Miguel
Gustounos moitísimo o concerto.
MOITAS GRAZAS E ESPERAMOS VERVOS DE NOVO
xoves, 22 de novembro de 2012
RECITANDO CELSO EMILIO
Este é o lema da convocatoria que pretende rendirlle homenaxe ao gran poeta celanovés CELSO EMILIO FERREIRO.
Co gallo do centenario do seu nacemento desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística promóvese unha acción de carácter colectivo consistente no recitado público do seu coñecido poema: DEITADO FRONTE AO MAR publicado no libro Longa noite de pedra (1962).
DEITADO FRONTE AO MAR
Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
Neste video pódese escoitar o poema musicado polo grupo Dios ke te Crew.
Se queres máis información podes acceder ao blog de Dinamización Lingüística dende AQUÍ.
MATERIAIS DAS VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
Xa están a disposición de todo o mundo os materiais das Xornadas de Bibliotecas Escolares que se celebraron en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de novembro.
Premendo nesta imaxe accederedes á páxina de bibliotecas escolares onde atoparedes ademáis moita información e imaxes dos momentos máis destacados.
Premendo nesta imaxe accederedes á páxina de bibliotecas escolares onde atoparedes ademáis moita información e imaxes dos momentos máis destacados.
mércores, 7 de novembro de 2012
CONCERTOS DE CONTO
Os nenos e nenas de 1º e de 3º de Primaria colaboraron cun proxecto de ilustración de dous contos clásicos: O veado florido e Pedro e o lobo que foron representados pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra o pasado domingo 11 de novembro no Teatro Principal de Pontevedra, dentro do programa: Concertos en familia.
As mestras traballaron os contos nas aulas e fixeron as ilustracións dos mesmos que despois foron expostos durante o concerto na pantalla dixital.
![]() |
| Preme nesta imaxe |
IV XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O venres 9 pola tarde e o sábado 10 ao longo de todo o día, vanse celebrar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Este ano o lema, VER PARA LER. recolle a necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación.
Preme na imaxe para acceder ao blog das Bibliotecas escolares e obter toda a información.
xoves, 1 de novembro de 2012
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Aquí tendes unha pequena mostra da creatividade e imaxinación do noso alumnado e das súas familias.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación nesta terrorífica exposición.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación nesta terrorífica exposición.
sábado, 27 de outubro de 2012
E TI A QUE LLE TES MEDO?
Nesta data de conxuros, bruxas, demos e
trasnos témonos que preparar para todo o que poida suceder...
E ti a que lle tes medo? Baixo este lema comeza o Samaín no Bibliocastelo A Pedra e
Papirus a nosa mascota, quere que compartas con el os teus temores máis
segredos, deixándoos para sempre na CAIXA DOS PESADELOS.
Na exposición de libros que se atopa no recuncho de Papirus tendes a vosa disposición moitas lecturas terroríííficas de pantasmas, bruxas e casas encantadas. Non esquezades vir buscar o voso libro.
Gustaríame recomendarvos dúas novidades relacionadas co misterio e as pantasmas que nos chegan da man de dous escritores galegos que xa estiveron con nós no Bibliocastelo:
Na exposición de libros que se atopa no recuncho de Papirus tendes a vosa disposición moitas lecturas terroríííficas de pantasmas, bruxas e casas encantadas. Non esquezades vir buscar o voso libro.
Gustaríame recomendarvos dúas novidades relacionadas co misterio e as pantasmas que nos chegan da man de dous escritores galegos que xa estiveron con nós no Bibliocastelo:
MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS de Agustín Fernández Paz.
O MISTERIO DO FARO VELLO de Fina Casalderrey.
Premede nos títulos para saber máis e para gozar da súa lectura consultade as novidades na biblioteca.
Coñecedes estes títulos, premede neles e poderedes velos:
FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS
A POTA QUE TROTA
OS SETE CABRITOS
E para os máis maiores unha curtametraxe galega:
OS DIFUNTOS FALABAN CASTELAO
Os máis pequeniños do cole tamén celebran e aprenden no Samaín.
O MISTERIO DO FARO VELLO de Fina Casalderrey.
Premede nos títulos para saber máis e para gozar da súa lectura consultade as novidades na biblioteca.
Coñecedes estes títulos, premede neles e poderedes velos:
FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS
A POTA QUE TROTA
OS SETE CABRITOS
E para os máis maiores unha curtametraxe galega:
OS DIFUNTOS FALABAN CASTELAO
Os máis pequeniños do cole tamén celebran e aprenden no Samaín.
xoves, 25 de outubro de 2012
OS CONTOS DE PAPIRUS
O 24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares
é unha data dobremente especial no Bibliocastelo A Pedra. E que mellor
maneira de celebrala que recibindo a visita da nosa mascota O polbo Papirus.
Todos e todas esperábamos con moita impaciencia a súa chegada.
Hasta houbo quen se visteu para a ocasión.
Que PAPIRUS PEQUERRECHO TAN CHULO!!!
Os primeiros en recibilo foron os máis
pequeniños do cole, os rapaces e rapazas de infantil e de primeiro ciclo, que o
pasaron estupendamente escoitando un dos seus contos tradicionais preferidos “
Os tres porquiños”
Os nosos maiores tampouco quixeron quedar
sen diversión e acudiron sen demora á
cita. Nesta ocasión Papirus escolleu para eles o conto “O xigante egoísta”
Como en toda festa que se prece houbo apertas, cancións, agasallos, aplausos e por suposto lambetadas.
xoves, 11 de outubro de 2012
MOCHILAS DE CONTO
"No antigo Exipto as bibliotecas eran coñecidas como o tesouro dos remedios da alma. Nelas curábase da ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demais."
Jacques Benigne Bossuet.
Un ano máis as MOCHILAS VIAXEIRAS parten do Bibliocastelo para achegar a lectura a todas as familias do noso alumnado.
Nesta ocasión a proposta é ben sinxela, encher os diarios de contos tradicionais, pequenas historias que van pasando de xeración en xeración e que tanto gustan aos nosos nenos e nenas.
Moitas grazas pola boa acollida desta iniciativa que ano tras ano é tan ben recibida por toda as familias.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





