mércores, 29 de xaneiro de 2014

PREZI ALFRED NOBEL

O CEP Pilar Maestú de A Pobra e o CEIP Cespón realizaron unha sinxela prezi sobre Alfred Nobel, Nobel da Paz e Nelson Mandela que puxeron á disposición das bibliotecas escolares.

domingo, 26 de xaneiro de 2014

CONVIVENCIA ENTRE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este venres 24 de xaneiro tivemos a gran sorte de recibir no Bibliocastelo a un grupo de alumnos e alumnas do Ceip Carballal de Marín. Foi unha experiencia marabillosa na que os rapaces e rapazas do 2º ciclo fixeron novas amizades e compartiron momentos de lecer. Organizamos unha serie de actividades para darlles a benvida. Poidemos compartir con eles libros, merenda e agasallos como se pode ver nesta presentación:



Como fin de festa, todo o centro asistiu cos novos amigos a un concerto no Centro Social do Mar de Bueu. Alí acompañamos a Victor, Marta e Laura cantando as cancións do disco TAMBO que tanto nos gustan:











RECURSOS EDUCATIVOS

Recursos educativos para celebrar o Día da Paz na escolar. Preme na imaxe.


venres, 24 de xaneiro de 2014

CHÁMOME...NELSON MANDELA

Dende a Biblioteca "Soños de Andel" do Ceip Plurilingüe de Andrade nos chega esta adaptación e tradución ao galego do libro: "Me llamo... Nelson Mandela" da editorial Parramón en forma de presentación PREZI:

domingo, 19 de xaneiro de 2014

CAZA DO TESOURO: NELSON MANDELA

Dende o Ceip Condesa de Fenosa en Valdeorras (Ourense), nos chega esta Caza do tesouro para coñecer mellor a figura de Nelson Mandela. Preme na imaxe para acceder a ela.


venres, 20 de decembro de 2013

CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2013

A entrada do noso cole encheuse de cor e ilusión grazas as postais de Nadal que fixeron os nosos alumnos e alumnas. 



Coma sempre, a dose de creatividade e orixinalidade vese superada amplamente ano tras ano. Noraboa a todos e todas, polos fantásticos traballos presentados e en especial ao alumnado seleccionado dos distintos cursos.

xoves, 19 de decembro de 2013

LER E AGASALLAR EN GALEGO

Guías de lectura en galego elaboradas pola Coordinadora de Dinamización Linguística, coas suxestións dos centros públicos do Morrazo.

O LIBRO DOS REIS MAGOS

Os Reis Magos diríxense a todos os nenos e nenas galegos a través dunhas fermosas cartas que podedes ver e ler nesta presentacións:

mércores, 18 de decembro de 2013

UN NADAL CHEO DE ILUSIÓNS

Dende o Bibliocastelo desexámosvos un fermoso Nadal cheo de libros e ilusións. Esta é a nosa guía de lecturas con novidades e recomendacións para estas datas. 



venres, 6 de decembro de 2013

OLLOS DE AULA Nº 11

Un novo número da revista OLLOS DE AULA, e xa van once.

ADEUS A NELSON MANDELA

BIBLIOTECA XOAN FARIAS( CEIP DE PAZOS)
"A grandeza da vida non consiste en non caer nunca, se non en levantarnos cada vez que caemos"

Morre aos 95 anos o ex-presidente de Sudáfrica e Premio Nobel da Paz.
Mandela é un símbolo a nivel mundial que fixo da súa vida unha loita polas inxustizas e que cambiou a historia de Sudáfrica. 
Estaba chamado a ser o xefe dunha tribu e acabou converténdose no avó de todo un pobo. 
Nelson Mandela, preso político máis famoso da historia, preparou as armas para responder ao acoso do Apartheid, pero conseguiu o Nobel da Paz e o respecto de toda a Comunidade Internacional. Mandela representa a universalidade dos dereitos civís.






Nestes videos pódese ver de maneira moi resumida a súa traxectoria vital. 



PREME NA IMAXE


Dende aquí o noso pequeno homenaxe de despedida para este loitador " A morte é algo inevitable. Cando un home fixo todo o que creu necesario polo seu pobo ou país, pode descansar en paz. Creo que eu cumplín con ese deber, por iso descansarei en paz por toda a eternidade"

xoves, 21 de novembro de 2013

domingo, 17 de novembro de 2013

O NOSO POLBIÑO PAPIRUS

O noso polbiño Papirus está a ser, sen ningunha dúbida, o protagonista deste trimestre no noso cole.
Pequenos e grandes gozan coa súa canción que en breve vai saír publicada nun disco.



No disco comparte protagonismo coas melodías dos seus amigos do Ceip Carballal de Marín,  o Choco "Catro Ollos", as tartarugas Tambo e Onza, a sereiña Cristal ... 



Pero non todo queda aquí... os máis pequeniños do cole, mergulláronse nun proxecto a partires da canción que resultou todo un éxito: buscaron información sobre os polbos e, coa colaboración dos pais e nais, aprenderon moitas cousas novas. Preme na imaxe para coñecer de primeira man todas estas actividades.


PREME NA IMAXE
Os maiores do cole, o alumnado de sexto, tamén estivo facendo un traballo de investigación sobre Papirus e os seus amiguiños. O resultado da súa pescuda atópase exposto nun mural no corredor do Bibliocastelo.



Primeiro investigaron onde viven os polbos, de que se alimentan, a que familia pertencen, como se reproducen...

Despois buscaron información sobra a mellor amiga de Papirus: A vieira "Cocorola". Así aprenderon moitas cousas interesantes sobre estes moluscos bivalvos: onde viven, as súas características principais, a que familia pertencen, como se alimentan, como se reproducen...



venres, 1 de novembro de 2013

MIGUELANXO PRADO PREMIO NACIONAL DE CÓMIC


Miguelanxo Prado, nado na Coruña, ven de ser distinguido co Premio Nacional de Cómic 2013, concedido polo Ministerio de Cultura. 
Primeiro galego en conseguir este galardón, é, hoxe en día, un dos autores máis recoñecidos no mundo do cómic. 
Autor de obras como "TRAZO DE TIZA"  e a serie de historietas "QUOTIDIANÍA DELIRANTE". Esta última foi considerada mellor obra nacional no pasado salón do cómic de Barcelona.

O xurado destacou o carácter poético da súa obra ARDALÉN, unha mestura de sono e realidade, de memoria e de esquecemento. Estas son as claves, xunto coa mestría técnica no uso do color, deste autor galego, moi recoñecido no estranxeiro. 
ARDALÉN é a historia das raíces de Sabela, que regresa ao pobo natal do seu avó para tratar de reconstruír o seu pasado, a súa vida. O seu avó emigrara nos anos trinta as Américas e desde entón, non se volveu saber nada del. Sabela ponse en contacto con Fidel, o único nexo co seu avó desaparecido.

Preme nas imaxes para obter máis información sobre este escritor e ilustrador galego de banda deseñada e cómics e a súa obra.