sábado, 4 de xuño de 2022

"O MESTRE DOS MESTRES" ARTURO SÁNCHEZ CIDRÁS

Que sorte temos de coñecer O MESTRE DOS MESTRESArturo Sánchez Cidrás, que desenvolveu a súa faceta profesional educativa como mestre no CEIP A PEDRA durante moitos anos. 

Ademais de educador é ben coñecido por ser un gran historiador, investigador, escritor... 

O seu último proxecto que está a piques de ser publicado, xurdiu co gallo do 50 aniversario das tres escolas públicas de Bueu (A Pedra, Montemogos e Torre-Cela). Trátase dun riguroso traballo de investigación sobre a escola pública en Bueu dende os seus inicios.

 

 Neste ültimo trimestre tivo a amabilidade de pasar un tempo con todo o alumnado de A Pedra dende infantil ata 6º de primaria, así que non foi pouco o esforzo.

Remontouse ao século XIX e falounos dos tipos de escola, dos primeiros mestres que houbo en Bueu e o pouco que gañaban (30 ou 60 reais ao ano) e de que antes de que existisen A Pedra, Montemogos e Torre-Cela, a vila de Bueu estaba chea de pequenas escolas espalladas. A maioría delas estaban en casas e tiñan as cortes dos animais debaixo e tampouco tiñan aseos polo que tiñan que facer as súas necesidades nas cortes ou ao aire libre. 


Contounos que nesa época os nenos e as nenas estaban separados na escola e que non estudaban as mesmas materias. Os rapaces estudaban ciencias e matemáticas e as rapazas linguas e costura. As primeiras mestras de Bueu loitaron moito por cambiar esa situación. Incluso os mestres-homes cobraban máis que as mestras-mulleres. Había escola todos os días, non había vacacións e os domingos ián as persoas adultas. Co tempo empezouse a descansar os xoves.

Nesas datas non tiñan cadernos polo que empregaban pizarras e escribían co pizarrín. Como non había lápices queimaban a punta das varas de madeira e facían carbón para poder escribir.

 

Un pouco máis adiante, nos pupitres había uns ocos para poñer os tinteiros e facían a tinta con azucre, prantas silvestres, excrecencias dos carballos e escribían con plumas das ocas. Despois fixéronse os plumóns.


Os primeiros libros non tiñan cor nin debuxos e chamábanse enciclopedias porque tiñan todos os temas mesturados e había libros para nenos e outros diferentes para as nenas.

Tamén nos falou da miseria na que se vivía entonces. Ao chegar da escola os rapaces e rapazas tiñan que traballar na casa ou no campo e incluso había nenos/as que non podían ir porque tiñan que axudar na casa.  Os rapaces ían á escola mal vestidos e sen zapatos porque non tiñan. Algúns levaban zocos de madeira.

 A rapazada de 6º de primaria preparou unha entrevista en a VOZ DA PEDRA:


Non hai palabras para expresar o agradecemento e o honor que supón contar coa súa presenza porque escoitalo foi un verdadeiro pracer!!!

xoves, 2 de xuño de 2022

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO BIBLIOCASTELO

 A rapazada de 2º de primaria estivo lendo un libro de poemas de Antonio García Teijeiro, que me ten namorado!!!

Para cando veu Antonio o 28 de maio, xa sabíamos recitar e cantar moitos poemas e así llo amosamos.

Se queres saber máis da súa visita preme na imaxe.

Foi un pracer contar de novo con Antonio García Teijeiro na nosa biblioteca!!!

2º PRIMARIA RECIBE TRES VISITAS MOI ESPECIAIS

 Co gallo do 50 Aniversario o 4 de maio Mabel e Elena achegáronse polo noso cole, que foi o seu durante moitos anos para pasar un anaco divertido coa rapazada de 2º. Mabel foi mestra de infantil durante moitos anos ata que se trasladou a un cole de Marín. Elena foi a directora do noso colexio durante máis de 12 anos. Lembrámolas ás dúas con moito cariño!!!



O 5 de maio tamén tivemos visita, nesta ocasión foi Ginés, un mestre ao que tamén lembramos con moito agarimo. 

Preme nas imaxes para saber todo o que nos contaron.