mércores, 23 de novembro de 2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

 Benqueridos/as amiguiños/as:

Co gallo da celebración do mes da ciencia convidei ao meu Bibliocastelo a Pedro Meira, ex-alumno do cole, experto na creación de videoxogos.

 

Contoumos cales son as partes que forman o proceso de creación dos videoxogos e que nel participan moitos profesionais: os que se encargan do deseño, da parte de programación, do deseño, ...

O alumnado participou coas súas ideas na creación dun videoxogo e deronse conta de que é unha tarefa que require un longo proceso e moitas horas de traballo.

 

GRAZAS PEDRO POR ACHEGAR A TECNOLOXÍA E A CIENCIA AO NOSO COLEXIO!!!

Tamén tivemos un OBRADOIRO DE CONSUMO RESPONSABLE relacionado cos xoguetes e o seu uso.

 

 

 

sábado, 29 de outubro de 2022

CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Ola amiguiñxs:

Antes de nada quero darvos as grazas polos agasallos e polas felicitacións que me enviastes polo meu aniversario.

Quedei en que ía amosarvos as fotos da celebración. Pois velaí van! Por certo, encantoume a actividade que fixestes no Bibliocastelo para festexar esta data tan importante para min. Un xogo de pistas: A caza do tesouro. Claro, vós xa sabiades que o tema do proxecto anual deste curso é o xogo e xa vos adiantastes. Gocei moito véndovos fedellar polos andeis na procura deses libros que agochaban a chave coa que abrir o tesouro. Espero que o pasarades ben.















Se queredes saber polo miúdo en que consistiu esta actividade, premede na seguinte imaxe!


Ademais a rapazada de 1º fixo outras actividades para festexar o meu aniversario. Premede na imaxe!
Encántanme todas as actividades que fixestes. Estou moi orgulloso de vós!

Biquiños



 



luns, 24 de outubro de 2022

15ª EDICIÓN FESTIVAL INTERNACIONAL CURTAMETRAXES (FIC)

 Benqueridos amiguiños/as_

Outro ano máis nos convidaron ao FIC de Bueu. Que ben o pasamos e como nos gustaron as curtas que tiñan seleccionadas para nós!!! 

 

Nestas ligazóns vos deixo  unha escolma do que puideron ver os compañeiros/as doutros cursos:

OS TRASNOS NO FIC

1º PRIMARIA NO FIC 

2º PRIMARIA NO FIC 

3º PRIMARIO FINALISTA NO FIC

4º PRIMARIA NO FIC

5º PRIMARIA NO FIC

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe é un día moi importante no BIBLIOCASTELO. 

Por unha banda é o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e para celebralo a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura destaca este ano, o papel das bibliotecas como espazos libres e abertos baixo o lema "BiblioTEcuida"


 E ademáis é o meu ANIVERSARIO e por iso vos envio esta carta. Boteivos moito de menos este verán e me gustaría que me viñésedes visitar ao meu castelo.


 Agardo vervos moi pronto e xa vos irei amosando as fotos da celebración do meu aniversario.

Aquí vos deixo tamén un enlace para que vaiades practicando a miña canción: