Como todos os anos, estamos convidados a asistir á representación de curtas, adaptadas segundo as idades, no Centro Social do Mar de Bueu e organizada polo FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU
martes, 3 de outubro de 2023
luns, 2 de outubro de 2023
XA ESTAMOS DE VOLTA
Ola amiguiñxs,
Este luns, 2 de outubro, comezamos unha nova andaina no Bibliocastelo que vai estar chea de novas aventuras lectoras e deportivas.
Cantos vos botei en falta!!!
Encantame tervos de volta, enchendo todos os espazos da miña casa e gozando cos meus libros preferidos.
Tamén quero dar a BENVIDA aos meus NOVOS/AS AXUDANTES, sempre atentos/as e con moitas ganas de colaborar.
martes, 20 de xuño de 2023
FINAL CAMPIONATO DE XADREZ
Ola amiguiñxs:
Despois de varias semanas de intensa competición o campionato de xadrez chegou a súa fin. O martes pasado xogaron polo 3º e 4º posto Adrián Regueira e Abel Pidre e o xoves foi a gran final entre Andrés Domínguez e Luca de Montis. O podio quedou así:
Gañador: Andrés Domínguez Meira.
2º posto: Luca de Montis Cerqueiro.
3º posto: Adrián Regueira Loveira.
4º posto: Abel Pidre Riobó.
Hoxe foi a entrega de premios no ximnasio. Ademais dos gañadores tamén houbo premio para todxs participantes, un premio a deportividade para Adrián Regueira e premios para xs organizadores: Alba, Jan, Lucas, Xavi e Andrés. Ollade as imaxes!
mércores, 24 de maio de 2023
IMOS XOGAR COS AVOS E AVOAS AOS CENTROS DE DÍA
Ola amiguiñxs:
Vouvos poñer ao día coas últimas novas da nosa escola. O alumnado de 6º de infantil achegouse aos CENTROS DE DÍA para presentarlles aos avós e avoas o xogo cooperativo de cartas tan chulo que fixeron este ano co gallo do noso proxecto "MOITO MÁIS QUE XOGO"
Aquí vos comparto un video que me pasron os trasniños/as para que vexades que dúas xornadas máis entrañables pasaron:
Se quereses saber máis premede AQUÍ
SEMIFINAIS CAMPIONATO DE XADREZ
Ola amiguiños:
Despois de varias semanas de xogo intenso, xa temos os semifinalistas do campionato de xadrez. Son:
- Andrés Domínguez Meira de 5ºA e Adrián Regueira Loveira de 3ºA que xogarán a primeira semifinal o vindeiro martes.
- Luca de Montis Cerqueiro e Abel Pidre Riobó de 3ºA xogarán a segunda semifinal o xoves 31 de xuño.
Noraboa aos semifinalistas! Moita sorte a todos!
Biquiños
xoves, 18 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Ola amiguiñxs:
O longo deste mes realizáronse diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Como outros anos realizamos entre todxs un mural colaborativo en torno a figura do autor homenaxeado este ano: Francisco Fernández del Riego.
Decorámolo con caricaturas e con debuxos das portadas dalgunhas das súas obras.
domingo, 7 de maio de 2023
CAMPIONATO DE XADREZ
Ola amiguiñxs:
Xa temos xs gañadorxs do campionato de xadrez desta semana e que pasan a seuinte ronda. Son:
Andrés Domínguez, Teo Freire, Unai Rodríguez e Aitor Silva.
luns, 1 de maio de 2023
II FESTIVAL ARTÍSTICO SOLIDARIO ART OF CHANGE
Ola amiguiñxs:
Xa me enterei que esta fin de semana estivestes moi ocupados. O pasado sábado celebrouse o II Festival Artístico Solidario Art of Change organizado polo IES Johan Carballeira e no que participaron todos os centros educativos da nosa vila. Segundo me contaron, participastes neste festival vendendo as manualidades que fixestes coa axuda do profesorado e das vosas familias, cun obradoiro de animais mariños de plastilina e cun recanto de xogos tradicionais (cartas, 3 en raia, pelouros... ), todo feito por vós e relacionado co mar.
Eu dei unha volta pola carpa e quedei abraiado coas cousas tan bonitas que había. Sodes uns artistas!! Saquei algunhas fotos. Ollade!!
Estivestas traballando arreo durante moitos días, facendo manualidades chulísimas (marcapáxinas, imáns para a neveira, maceteiros, chaveiros con nós mariñeiros, peloros, barallas, tres en raia...). Pero tanto esforzo valeu a pena, xa que das vendas de todas estas manualidades recadáronse unha morea de euros que se donaron as ONGs Save the Children e 13 Grados. Estou moi orgulloso de vós!!
Ademais de postos de venda para recadar cartos tamén houbo outras actividades: concertos, representacións teatrais, obradoiros, Performance, lectura de poemas, conferencias, confección dunha alfombra de flores e doutros materiais...









.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)



.jpeg)



.jpeg)
