Ola amiguiñxs:
Despois de varias semanas de intensa competición o campionato de xadrez chegou a súa fin. O martes pasado xogaron polo 3º e 4º posto Adrián Regueira e Abel Pidre e o xoves foi a gran final entre Andrés Domínguez e Luca de Montis. O podio quedou así:
Gañador: Andrés Domínguez Meira.
2º posto: Luca de Montis Cerqueiro.
3º posto: Adrián Regueira Loveira.
4º posto: Abel Pidre Riobó.
Hoxe foi a entrega de premios no ximnasio. Ademais dos gañadores tamén houbo premio para todxs participantes, un premio a deportividade para Adrián Regueira e premios para xs organizadores: Alba, Jan, Lucas, Xavi e Andrés. Ollade as imaxes!
Parabéns aos gañadores e a todxs participantes!
Quero dar as grazas aos orgañizadorxs por esta iniciativa tan chula e polo traballo ben feito e tamén a profe Marta, que foi quen realizou os trofeos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario