Estou moi contento porque nesta semana viñestes celebrar comigo o 24 de outubro. Que ledicia tervos no Bibliocastelo compartindo lecturas!!!
Preme para ver o video
Xa sei que non puidestes vir todos por mor da chuvia pero aínda estades a tempo de facelo.
Preme para ver o video
Sorteando o mal tempo, o alumnado de 5º desprazouse ata o edificio de infantil e compartiu momentos inesquecibles cos máis pequenos do cole.
O alumnado de 6º tamén visitou aos compañeiros/as de infantil en canto o tempo o permitiu
Gustáronvos os marcápaxinas que vos enviei? A min encántame como os decorastes e agora agardo que vos sirvan para non perder as páxinas dos vosos libros preferidos.
Para rematar, vos deixo aquí as ligazóns aos blogs de aula para que vexades como viviron esta celebración noutras clases:
O lema deste ano é "Tecendo Comunidades", que pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas escolares na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades, como espazos para ler, aprender, descubrir e convivir.
Preme no cartel para saber máis.
No Bibliocastelo celebramos ademais outro evento importante O MEU ANIVERSARIO. Un grupo das miñas axudantes prepararon un video moi chulo para convidarvos a celebrar comigo este día e para presentarvos o noso proxecto anual: AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS.
Agardamos que vos guste. Moitas grazas rapazas, estades fantásticas!!!
Xa me contaredes como foron os APADRIÑAMENTOS LECTORES!!!
O xoves 5 de outubro, inauguramos os RECREOS DE CONTO coa representación do conto de Eva Mejuto "CORRE CORRE, CABACIÑA" que tan ben coñecemos e tanto nos agrada.
A dramatización estivo a cargo das miñas queridas axudantes de 6º: Carmen, Andrea, Elisa, Candela R, Saray, e Carlota. Aquí vos deixo algunhas fotos do evento:
Como todos os anos, estamos convidados a asistir á representación de curtas, adaptadas segundo as idades, no Centro Social do Mar de Bueu e organizada polo FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU