martes, 30 de abril de 2024

CONTACONTOS NO BIBLIOCASTELO

Hoxe recibín unha agradable sorpresa, viñeron de visita os meus amiguiños/as de 4º de infantil acompañados das súas mestras. Despois de saudarnos e descubrir os recunchos do meu castelo chegou a hora de gozar cos libros.


As mestras contáronlles dous dos meus contos favoritos: 


Que ben os pasamos! Agardo que voltedes axiña que vos estarei agardando!

domingo, 21 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL I PARTE

 Abril é un mes moi especial para a lectura e os libros. O 2 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL

Sobre as alas, os contos viaxan.

Desexando sentir o latexo do teu corazón.

Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Preme na imaxe para ler o texto completo

E non queda todo aquí, o 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO e me gustaría celebralo amosándovos este video que fun facendo con imaxes que reflicten o día a día do meu querido BIBLIOCASTELO. Agardo que vos guste:



mércores, 10 de abril de 2024

VISITA DE ANXO IGLESIAS

 O martes 8 de abril achegouse ao Bibliocastelo o autor ANXO IGLESIAS que ademais é profesor de Educación Física e forma parte do grupo de música infantil A banda dos cueiros.

Veu falar co alumnado de 5º de primaria do seu libro de poesía UNHA NOVA DIMENSIÓN que foi Premio Merlín en 2022. Trátase dun libro de poemas moi inxenioso artellado a partir do concepto xeométrico de dimensión, cunha gran dose lúdica e imaxinativa. 

Foi unha sesión moi divertida e animada onde rapeamos poemas e recitamos un abecegrama.
Explicounos como escribía os seus poemas e que aínda que ten moitos escritos, este é o único que ten publicado polo de agora.
GRAZAS ANXO!!! A TÚA POESÍA FOI UN FANTÁSTICO DESCUBRIMENTO!!!

venres, 5 de abril de 2024

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

 Esta semana tivemos a sorte de contar con Andrea Maceiras, escritora e profesora coruñesa. 

A rapazada de 5ª estivo lendo o seu libro "A folla azul" que conta a historia de Husu Aké filla da Terra e membro da tribo dos Tacaré. Trátase dunha tribo indíxena que vive oculta no corazón da selva na Amazonia.


A partir das preguntas que o alumnado levaba preparadas, foinos contando moitas cousas sobre este libro.

Tamén lle ensinaron os debuxos e textos que fixeran a partir do que máis lles gustou do libro.

Antes de marchar asinou os exemplares dos rapaces/zas con moito cariño.


MOITAS GRAZAS ANDREA!!! AGARDAMOS QUE VOLVAS PRONTO!!!


mércores, 3 de abril de 2024

ALMA DE ELEFANTE

 O alumnado de 4º recibiu o mércores 3 de abril, a visita de Andrea Maceiras, autora do libro ALMA DE ELEFANTE que estiveron lendo este curso. Falounos do debuxo que atopou cerca do templo de Angkor en Camboia e que foi a inspiración desta entrañable historia. Tamén nos contou do seu amor polos animais e do seu respecto polas culturas diversas.

Contestou a todas as nosas preguntas que foron moitas. Soubemos que coñeceu a un elefante nun refuxio cunha biografía parecida á de Tep. Tamén que o personaxe que máis lle gusta de toso os libros que escribiu é Lawen. 

Descubrimos que xa ten moitos libros escritos e que pronto vai publicar algún maís.

PREME NA IMAXE PARA SABER MÁIS                                                                               

domingo, 31 de marzo de 2024

CERIMONIA DE CLAUSURA DOS XOGOS OLIMPICOS DOS TRASNOS

 Como punto e final do seu proxecto, os trasniños/as celebraron unha preciosa CERIMONIA DE CLAUSURA, con entrega de medallas, desfile, festa e apagado do lume olímpico.


Un gran traballo rapaces e rapazas!!!

venres, 22 de marzo de 2024

HOMENAXE ÁS MULLERES DEPORTISTAS

Co gallo do 8 de marzo, o alumnado de 4º estivo investigando sobre mulleres deportistas galegas, aínda que tamén incluíron algunha doutra comunidade. Como resultado do seu traballo, nos deixaron esta presentación onde podemos coñecer e aprender moito sobre o esforzo e a disciplina do deporte.

CELEBRANDO AS OLIMPÍADAS

 O ALUMNADO DE 5º DE INFANTIL tamén practicou deportes olímpicos e celebrou as súas propias olimpiadas coa colaboración da profe de educación física, Goretti.


Fixeron equipos e elaboraron os carnets olímpicos que ían cubrindo cun selo despois de superar cada disciplina.


Finalmente, como non podía ser doutra maneira,  houbo entrega de medallas.


Que divertido e canto aprendo con vós!!!



DÍA DA RADIO E DA POESÍA

O 13 de febreiro  celebramos o DÍA DA RADIO e o 21 de marzo o DÍA DA POESÍA. O alumnado de 1º decidiu unir estes dous eventos e facer unha actividade que relacionaba os dous. ç

A partir do conto "LA BALLENA LLENA"  reflexionamos sobre a contaminación no mar e a necesidade de coidar o planeta:

Despois creamos un fermoso poema a partir da historia e prestámoslles as voces á balea para loitar contra a contaminación.



martes, 12 de marzo de 2024

INAUGURACIÓN DAS OLIMPÍADAS DOS TRASNOS

Os TRASNOS seguen preparando as súas olimpíadas, nesta ocasión crearon as camisetas coas que identificaran os distintos equipos na cerimonia de inauguración:

 

Agora xa están PREPARADOS/AS para empezar coas súas olimpíadas 



E chegou o día da CEREMONIA INAUGURAL no que prenderon a antorcha olímpica: 

 

sábado, 9 de marzo de 2024

CONTOS NA RADIO

 O alumnado de 5º de primaria achegouse á radio para deixarnos unha mostra dos seus contos preferidos.

Moitas grazas rapaces e rapazas! Encántanme as vosas historias!!!



luns, 26 de febreiro de 2024

ROSALIANDO NA PEDRA

Co gallo do Día de Rosalía de Castro o alumnado de 4º de primaria recitou o poema "Campanas de Bastabales" e o de 2º de primaria fixo unha recopilación de datos sobre a vida e obra de Rosalia a modo de entrevista na nosa radio "A voz da Pedra"

MASCOTAS E MEDALLAS OLÍMPICAS

 Queridos/as amiguiños/as:

Cantas cousas estades a aprender sobre os XOGOS OLÍMPICOS!!! Nesta ocasión os TRASNOS aprenderon outra das sinais de identidade das OLIMPÍADAS: A MASCOTA.

Para que se puxeran en marcha envieilles unha video-mensaxe dende Paris cunha nova misión: 


Que vos parece? Interesante, verdade??? Pois premede na imaxe para ver como deseñaron a súa mascota das "OLIMPÍADAS DOS TRASNOS"

PREME NA IMAXE

Despois da mascota, tocaba conseguir os AROS OLÍMPICOS, para o que lles fixen chegar todo o material necesario nunha caixa que deixei na súa aula. Así foi como, con moito esforzo o lograron, con lazos de cores e todo!!!

PREME NA IMAXE

NORABOA TRASNIÑOS/AS, ESTADES A FACER UN GRAN TRABALLO!!!