sábado, 19 de xuño de 2010

O NOSO ADEUS A JOSÉ SARAMAGO


O primeiro Premio Nobel de Literatura en lingua portuguesa (1998) José Saramago faleceu o venres 18 de xuño aos 87 anos en Tías, a localidade da illa canaria de Lanzarote, na que residía dende 1993.
Nacido en Azinhaga, unha aldea de Ribatejo (Portugal) o 16 de novembro de 1922, tiña o corazón dividido polas dúas culturas, a española e a portuguesa. Será incinerado no cemiterio lisboeta de Alto de Sao Joao e as súas cinzas repartiranse entre o seu pobo natal Azinhaga e Lanzarote, xunto a un olivo do xardín da súa casa.
As súas obras están cheas de humanidade e de preocupaciones propias, destacando a conciencia moral do escritor, sempre ao lado das víctimas.
Creador de universos literarios soubo combinar moitas facetas así escribiu poesía, relatos, novelas, crónicas, teatro...
"Yo no escribo por amor, sino por desasosiego; escribo porque no me gusta el mundo donde estoy viviendo" (2003)
Saramago acudía a Galicia siempre que podía e faciao coa satisfación que se sinte cando un está comodo e familiar. Mantivo unha gran amizade con Carlos Casares e con Torrente Ballester, o que ratifica esta idea de que a Saramago lle interesaban os bos escritores desta terra galega.
Neste cortometraxe galego basado no seu relato infantil "A maior flor do mundo" pódese escoitar a súa voz.



Rematamos cunha frase súa "Nuestra única defensa contra la muerte es el amor" (José Saramago, 2005)

Ningún comentario:

Publicar un comentario