mércores, 23 de marzo de 2011

DANIEL NESQUENS PREMIO BARCO DE VAPOR

Estivo na nosa biblioteca o curso pasado e nos encandilou a todos cos seus contos fantásticos e cheos de ese humor seu tan irónico e particular.

Preme na imaxe

E agora acabamos de enterarnos de que onte, Daniel Nesquens ven de ser galardonado na 33 edición dos Premios de Literatura Infantil El Barco de Vapor.
A súa novela "Mi vecino de abajo" foi seleccionada entre unhas 338 presentadas por ser " unha novela fresca, poética e chea de sentido do humor, que contempla con ollos de neno unha realidade cotiá convertida en insólita a través do seu protagonista" segundo dicía a acta do xurado.

Nesta foto o vemos recibindo o premio coa Princesa Leticia ao seu carón. Preme na foto para saber algo máis desta nova.

DESDE O CEIP A PEDRA, NORABOA DANIEL POR ESTE MERECIDÍSIMO PREMIO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario