Este mes de marzo dentro do proxecto MEDRANDO EN VALORES estamos traballado a IGUALDADE e o papel da MULLER NO TRABALLO.
Cada titoría está investigando sobre unha muller destacada na historia: lugar e época na que viviu, cal foi a súa educación ou que estudos tiña, por que destacou...
Todos estes datos irán acompañados de traballos plásticos como debuxos, fotos, caricaturas... que quedarán plasmados nun mural que formará parte dunha exposición xeral sobre "MULLERES IMPORTANTES AO LONGO DA HISTORIA" que colocaremos no taboleiro da entrada do noso colexio.
Para completar este traballo de formación documental, enviamos á casa dos nosos alumnos/as, como vimos facendo todos os meses:
- Un DÍPTICO INFORMATIVO para as familias con pautas e enlaces de interés.
- Unha GUIA DE LECTURAS con títulos que fan referencia ao tema da igualdade e a muller.
- Unha FICHA DE TRABALLO para reflexionar e facer en familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario