martes, 8 de marzo de 2011

UN ENTROIDO QUE MEDRA EN VALORES

Un ano máis saímos á rúa para festexar o Entroido despois de varias semanas de traballo nas aulas.

Guiando o pasarúas, ía a nosa mascota, Papirus, levando nos seus tentáculos mensaxes alusivas aos valores que estamos a traballar este curso: o esforzo, a autoestima, a solidariedade, a paz, o respecto, a igualdade, a tolerancia, a importancia de aprender...

Cada ciclo escolleu o seu disfraz. Así os cativos e cativas de infantil escolleron a Bob Esponxa como símbolo de amizade, da importancia de facer amigos e conservalos, tratándoos como a eles lles gusta.

Os nenos e nenas do 1º ciclo crearon a comparsa dos Cantarrisas, formada por dúas ONGs: os músicos e os paiasos solidarios que destacaban a importancia de ser e facer felices aos demáis.

Os rapaces e rapazas de 2º ciclo vestíronse de hippies reclamando un mundo sen guerras e cheo de amor e comprensión baixo o lema "Paz e Amor"

O alumnado do 3º ciclo disfrazouse de activistas de Greenpeace esixindo un mundo sen contaminación. que conserve as especies e que respecte os ecosistemas.


Ao remate do pasarúas saboreamos as filloas, orellas e chulas que as familias dos nosos nenos/as enviaron ao colexio. Que boas estaban!

Queremos dar as grazas pola participación das familias do noso alumnado que acompañaron aos rapaces en todo o percorrido e asistiron as actuacións dos distintos grupos na Plaza do Concello.




1 comentario:

  1. nos vamos a ser sinceras pero os que mais nos gustaron foron os hippies e bob esponja os payasos os grepances as notas musicales tamen

    ResponderEliminar