Co gallo de conmemorar o DÍA DO LIBRO, ao longo desta semana e a próxima, celebraremos no BIBLIOCASTELO unha gran festa da lectura. Durante o recreo haberá contacontos diarios para todos os nenos e nenas que queiran compartir con nós contos e historias.
A profe Ana trouxonos dous contos que nos gustaron moito:
"O ESQUELETO" de Baía Edicións que conta como Osiños quere ser futbolista pero a súa familia trata de facerlle ver que para un esqueleto iso non é posible. Aínda así por que non intentalo?
"UN CONTO CHEO DE LOBOS" onde soubemos que había moitos tipos de lobos: grandes e pequenos, durmidos e espertos, xigantes e ananos, con máis de cen anos, de todas as cores, lobos con lentes e lobos con sombreiro. Tamén os hai que escriben cartas, hainos trampulleiros e hainos que mexan sobre un formigueiro.
MOITAS GRAZAS PROFES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario